Chris Van Allsburg

Chris Van Allsburg, nado o 18 de xuño de 1949 en Grand Rapids, Míchigan, é un escritor e ilustrador estadounidense especializado en literatura infantil. É mundialmente coñecido por ser o autor dos bestsellers The Polar Express, Jumanji e Zathura, os tres adaptados para o cine.[1]

Infotaula de personaChris Van Allsburg

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
East Grand Rapids, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Escola de Design de Rhode Island (pt) Traducir
East Grand Rapids High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , escritor de ciencia ficción , concept artist (en) Traducir , guionista , novelista , escritor de literatura infantil , ilustrador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorEscola de Design de Rhode Island (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webchrisvanallsburg.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0885575 Musicbrainz: c5224a98-e6b4-48b7-9f4a-06347ddb7303 Discogs: 2544325 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación editar

Chris estudou na Escola de Artes da Universidade de Míchigan e obtivo o seu máster na Escola de Deseño de Rhode Island (RISD).

Vida persoal editar

Chris Van Allsburg vive en Providence, Rhode Island, coa súa muller Lisa e dúas fillas; Sofía e Ana.

Carreira editar

Converteuse nun premiado autor de libros infantís, xa no seu primeiro libro, The Garden of Abdul Gasazi, que en 1980 recibiu a Medalla de Honra Caldecott, o mesmo aconteceu en 1982 e 1985, con Jumanji e The Polar Express, respectivamente.

Obra editar

Os seus libros adoitan traer como temática eventos fantásticos, descontrolados e ás veces empregando a crúa ironía. Allsburg escapa do lado inocente e cómodo da literatura infantil e explora o lado máis escuro da natureza humana. Un bo exemplo diso está no seu libro The Sweetest Fig (O figo máis doce), cuxo tema é a historia dun home moi egoísta que de súpeto consegue facer realidade os seus desexos máis salvaxes. A súa cobiza acaba sendo a causa da súa caída -o que non é unha lección moral infrecuente, nos libros infantís-, pero Allsburg consegue dar unha frialdade na caracterización do personaxe que imprime un ton aterrador á narración.

En The Wretched Stone, toda a tripulación dun barco está hipnotizada e controlada pola pedra do título, unha alegoría cruel sobre o efecto negativo da televisión.

O seu tema tamén inclúe os soños, os suburbios ou obxectos que teñen vida propia (como os xogos de mesa de Jumanji e Zathura). Unha presenza constante nos seus libros é Fritz o can.

Libros e ilustracións editar

Varios dos seus libros foron traducidos ao portugués e ao castelán. É coñecido principalmente polas versións cinematográficas da súa obra. Allsburg escribiu ou ilustrou os seguintes libros:

Nome Escrito por el Ilustrado por el Adaptación cinematográfica
Bad Day at Riverbend
 
 
 
Ben's Dream
 
 
 
The Garden of Abdul Gasazi
 
 
 
Jumanji
 
 
 
Just a Dream
 
 
 
The Mysteries of Harris Burdick
 
 
 
The Polar Express
 
 
 
The Stranger
 
 
 
Swan Lake
 
 
 
The Sweetest Fig
 
 
 
Two Bad Ants
 
 
 
The Wreck of the Zephyr
 
 
 
The Wretched Stone
 
 
 
The Widow's Broom
 
 
 
The Z Was Zapped
 
 
 
Zathura
 
 
 
  • Nota: The Mysteries of Harris Burdick, unha colección de libros de Allsburg na que unha páxina contén unha ilustración e a seguinte ten unha frase, supostamente recuperada dunha obra máis grande, está inspirada en Nightmares and Dreamscapes de Stephen King.
  • Allsburg tamén foi o ilustrador dalgúns números da serie The Chronicles of Narnia de C. S. Lewis.

Notas editar

  1. Resenha, Livro infantil. "Momentum Saga" (en portugués). Consultado o 2023-01-05. 

Véxase tamén editar


Ligazóns externas editar