Cholet (arquitectura)

estilo arquitectónico andino desenvolvido en Bolivia

O cholet é un estilo arquitectónico andino desenvolvido en Bolivia, no seo da coñecida como Nova arquitectura andina.[1][2] Con máis de 60 proxectos construídos na cidade boliviana de El Alto,[2][3] este tipo de construción comezou a aparecer na zona norte da Paz, e en Cochabamba, facéndose moi frecuente na cidade de El Alto, sendo moitos deles deseños do arquitecto Freddy Mamani.

Unha casa cholet en El Alto.

O termo foi orixinado pola combinación das palabras "cholo" e chalé.[4]

É unha construción coas características dun edificio de 3 a 7 niveis destinados a usos comerciais ou vivendas e na última planta é construído un chalé. O cholet é xeralmente habitado polo propietario do inmoble.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar