Choachí

concello do departamento de Cundinamarca, Colombia

Choachí é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Oriente, a 42 km de Bogotá. A cabeceira municipal atópase a unha altitude de 1924 m s. n. m., cunha temperatura media anual de 18 °C.

Modelo:Xeografía políticaChoachí
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 4°31′44″N 73°55′23″O / 4.5288034, -73.9231943Coordenadas: 4°31′44″N 73°55′23″O / 4.5288034, -73.9231943
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie223 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.924 m Editar o valor em Wikidata
Creación1560 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata

Páxina webchoachi-cundinamarca.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Toponimia editar

A orixe do nome do municipio é muisca, ten múltiples interpretacións dependendo do autor. Entre outras atopamos:

  • Miguel Triana: "Chigua chía". Á xanela ou buraco da casa por onde miraban a paisaxe díselle Chigua e á lúa Chía, polo cal o penedo da cordilleira por onde asomaba a lúa, recibiu o nome poético de «Xanela da lúa», do cal provén Chiguachía, ou Choachí.
  • Joaquín Acosta: Divide a palabra, a fin de darlle unha tradución máis precisa na lingua indíxena: Chi gua chíe, o cal quere dicir: «noso monte lúa». Tamén pode derivar de chigua que significa «eco» e chie que significa «o noso», o cal significaría: «o noso eco» ou «continuación do noso mundo».

Historia editar

 
Igrexa de Choachí.

Antes da chegada dos españois, na beira occidental do actual río Blanco, había dúas poboacións indíxenas cuxos nomes en lingua muisca eran Tuche e Chiguachí, sendo a segunda onde hoxe se atopa o centro urbano de Choachí.

A colonización empezou antes de 1563 coa chegada dos españois Juan de Avellaneda, Francisco Lorenzo e Antonio Bermúdez (fundador de Choachí), este último, soldado e compañeiro de Gonzalo Jiménez de Quesada, quen debido á súa fidelidade e servizos militares foi nomeado encomendeiro pola Real Audiencia, nas terras do cacique Ubaque, correspondéndolle a porción de Chiguachí.

Do proceso adiantado por Diego de Villafañe en 1563, en contra de Antonio Bermúdez, menciónase que o primeiro trazado da vila ó estilo español foi en 1560, pero este foi incendiado polo cacique Bosatiba. Isto obrigou a realizarse un novo e definitivo trazo en 1564 no sitio actual; tradicionalmente tívose como data fundacional o 29 de setembro de 1550, o que resultou ser incorrecto, pero mantívose o día 29 de setembro como data que conmemora a festa patronal de san Miguel Arcanxo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar