Children of Men

Filme de 2006 dirixido por Alfonso Cuarón

Children of Men é un filme de ficción científica coescrito, coproducido e dirixido por Alfonso Cuarón que se estreou no 2006. Baséase na novela The Children of Men de P. D. James (1992). O filme está ambientado no 2027, cando dúas décadas de infertilidade humana deixaron a sociedade a piques de colapsar. Os inmigrantes ilegais buscan asilo no Reino Unido, onde o goberno impón leis de inmigración opresivas contra os refuxiados. Clive Owen interpreta o civil Theo Faron, que debe axudar a unha refuxiada africana que está embarazada, Clare-Hope Ashitey, a escapar do caos. Outros actores do elenco de Children of Men son Julianne Moore, Michael Caine, Pam Ferris e Chiwetel Ejiofor.

Children of Men
Ficha técnica
Título orixinalChildren of Men
DirectorAlfonso Cuarón
ProdutorHilary Shor
Marc Abraham
Tony Smith
Eric Newman
Iain Smith
GuiónAlfonso Cuarón
Timothy J. Sexton
David Arata
Mark Fergus
Hawk Ostby
Baseado enThe Children of Men de P. D. James
IntérpretesClive Owen
Julianne Moore
Clare-Hope Ashitey
Michael Caine
Chiwetel Ejiofor
Charlie Hunnam
MúsicaJohn Tavener
FotografíaEmmanuel Lubezki
MontaxeAlfonso Cuarón
Álex Rodríguez
EstudioStrike Entertainment
Hit and Run Productions
DistribuidoraUniversal Pictures
EstreaFestival de Venecia: 3 de setembro de 2006
22 de setembro de 2006
25 de decembro de 2006
Duración109 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Reino Unido Reino Unido[2]
XéneroFicción científica
Orzamento$76 000 000[3]
Recadación$69 959 751[3]
Na rede
http://www.universalstudiosentertainment.com/children-of-men
IMDB: tt0206634 Filmaffinity: 976261 Allocine: 60792 Rottentomatoes: m/children_of_men Mojo: childrenofmen Allmovie: v326222 TCM: 622366 Metacritic: movie/children-of-men TV.com: movies/children-of-men Netlix: 70044903Editar o valor em Wikidata

O filme foi estreado o 22 de setembro de 2006 no Reino Unido e o 25 de decembro nos Estados Unidos. Malia a distribución limitada e a recadación limitada en comparación co seu orzamento, Children of Men recibiu louvanzas da crítica e foi recoñecida polos seu guión, fotografía, dirección de arte e os innovadores planos secuencias de acción. Foi nomeado a tres Premios Oscar: mellor guión adaptado, mellor fotografía e mellor montaxe. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA, gañando mellor fotografía e mellor deseño de produción, e a tres Premios Saturn, gañando na categoría de mellor filme de ciencia ficción.

Sinopse editar

No ano 2027, despois de 18 anos de infertilidade humana global, a civilización está a piques do colapso e a humanidade enfronta a extinción. O Reino Unido, un dos poucos estados estables cun goberno en funcionamento, está desbordado polos solicitantes de asilo que foxen do caos e da guerra que se apoderou do mundo. En resposta, o Reino Unido converteuse nun estado policial na medida en que o exército se dedica a buscar e deter inmigrantes. Theo Faron, un antigo activista convertido nun cínico burócrata, é secuestrado polos Fishes, un grupo militante a prol dos dereitos dos inmigrantes. Eles son liderados pola exmuller de Theo, Julian Taylor, da cal se separou despois da morte do seu fillo en común, Dylan, que finou durante a pandemia de gripe de 2008.

Vídeos externos
  "Children Of Men - Official® Trailer [HD]". YouTube (en inglés). TrailersPlaygroundHD. 

Julian ofrécelle cartos a Theo para conseguir papeis de tránsito para unha moza refuxiada chamada Kee, que Theo obtén do seu curmán Nigel, un ministro do goberno que xestiona unha colección de arte rescatada en todo o mundo. Os papeis de tránsito requiren que o beneficiario estea acompañado, polo que Theo accede a acompañar a Kee en troques dunha gran cantidade de cartos. Luke e Miriam, membros dos Fishes, van con eles cara a un barco da costa. Porén, son emboscados por unha banda armada, e Julian é asasinada. Luke mata dous oficiais de policía que os paran, e enterran a Julian no bosque polo que Theo rompe a chorar pola súa morte. O grupo cambia o coche por outro para escapar a unha casa segura dos Fishes.

Kee cóntalle a Theo que está embarazada, xa que Julian lle dixera que só confiase en Theo. Julian pretendía levar a Kee ó "Human Project", unha suposta organización científica nos Azores dedicada a curar a infertilidade; porén, Luke persuade a Kee de permanecer con eles, e despois é elixido como novo líder dos Fishes. Esa mesma noite, Theo escoita agochado unha reunión entre Luke e outros Fishes. Descobre que a morte de Julian foi orquestrada polos Fishes para que Luke puidese ser o seu líder, que intentaran matar a Theo esa mañá e que queren empregar o meniño de Kee como unha ferramenta política que apoie a súa revolución. Theo esperta a Kee e a Miriam, e xuntos rouban un coche, escapando a un refuxio arredado do amigo de Theo, Jasper Palmer, un antigo debuxante cómico e político reconvertido en comerciante de marihuana.

O grupo artella subir a bordo do barco de Human Project, Tomorrow, que chegará á costa do campo de refuxiados de Bexhill-on-Sea. Jasper proponlles contactar a Syd, un garda do campo ó que adoita vender drogas, para que os introduza en Bexhill facéndose pasar por refuxiados. Os Fishes descobren a casa de Jasper, e o grupo foxe mentres Jasper queda atrás para entreter ós Fishes. Luke dispara e asasina a Jasper mentres Theo o ve dende o bosque.

O grupo agarda por Syd nunha escola abandonada, onde Miriam confesa a Theo cantos embarazos abortaron ó comezo da crise de infertilidade e a súa tristura por como "a medida que o son dos patios esmorecía, a desesperanza asentábase. Moi estraño, o que ocorre nun mundo sen voces infantís". O grupo reúnese con Syd e el introdúceos en Bexhill, onde ven refuxiados sendo mallados, torturados, roubados e executados por gardas e policías. Cando Kee comeza a sentir contraccións no bus, Miriam distrae un garda facéndose pasar por tola. Finalmente é levada fóra do autobús e póñenlle unha carapucha.

No campo, Theo e Kee coñecen unha muller romanesa, Marichka, que lles proporciona unha habitación onde Kee dá a luz unha meniña. O día seguinte, Syd encóntraos no cuarto, e informa a Theo e a Kee que estoupou a guerra entre o exército británico e os refuxiados, incluíndo os Fishes. Sendo consciente da gran recompensa polas súas cabezas, Syd tenta capturalos, pero Marichka e Theo loitan contra el e foxen. No medio da loita, os Fishes capturan a Kee e o seu bebé. Theo ségueos a un bloque de edificios onde os Fishes se enfrontan ó exército. Luke é asasinado polo disparo dun tanque e Theo escolta a Kee e o seu bebé fóra do edificio. Alertados pola presenza do bebé, os combatentes deteñen a loita durante uns intres; vendo o bebé chorar, permítenlles saír. Marichka leva a Theo, Kee, e o seu bebé a un bote, no cal marchan mentres Marichka queda atrás.

Mentres observan o bombardeo de Bexhill polas Forzas Aéreas dende a distancia, Theo decátase de que recibira un disparo de Luke. Dille a Kee como arrolar o seu bebé para acougalo, e Kee dille a Theo que chamará á nena como o fillo que perderan Julian e Theo, Dylan. Theo perde a consciencia por mor das feridas mentres Tomorrow se achega entre e a néboa.

Personaxes editar

  • Clive Owen no papel de Theo Faron, un activista que quedou desfeito cando o seu fillo morreu durante unha epidemia de gripe.[4] Theo é o "arquetipo do home común" que as circunstancias converten nun salvador.[5] Seleccionado para o papel no 2005,[6] Owen pasou varias semanas traballando con Cuarón e Sexton para definir a súa personaxe. Impresionados polo talento creativo de Owen, Cuarón e Sexton incorporárono como guionista.[7] "Clive foi unha grande axuda", dixo Cuarón para a revista Variety.[8]
  • Julianne Moore no papel de Julian Taylor. Para interpretar a Julian, Cuarón quería unha actriz que tivese a "credibilidade do liderado, intelixencia e independencia".[7] Moore foi seleccionada en xuño de 2005, nun principio para interpretar o papel da primeira muller en quedar embarazada en 20 anos.[9]
  • Michael Caine no papel de Jasper Palmer, amigo de Theo. Caine baseou a personaxe de Jasper na experiencia co seu amigo John Lennon.[10] Cuarón explicou que "Unha vez que se puxo as roupas e se puxo diante do espello para ollarse a si mesmo, a súa linguaxe corporal comezou a mudar. Michael amábao. El cría que era ese tío".[10] Michael Phillips de Chicago Tribune aprecia unha aparente homenaxe a Schwartz do filme de Orson Welles Touch of Evil (1958). Jasper chama "amigo" a Theo do mesmo xeito que Schwartz se refire a Ramon Miguel Vargas.[11] Os debuxos de Jasper, que se poden ver na súa casa, foron creados por Steve Bell.
  • Chiwetel Ejiofor no papel de Luke.
  • Charlie Hunnam no papel de Patric.
  • Clare-Hope Ashitey no papel de Kee, unha inmigrante ilegal e a primeira muller en quedar embarazada despois de 18 anos. Esta personaxe non aparece no libro, pero foi escrita para o filme polo interese de Cuarón en representar a orixe recente africana dos humanos modernos, e tamén o estado das persoas desposuídas.[12] "O feito de que o neno sexa o dunha muller africana ten que ver con que a humanidade comezou en África. Puxemos o futuro da humanidade en mans dos desposuídos e creamos a primavera dunha nova humanidade."[13]
  • Pam Ferris no papel de Miriam.
  • Peter Mullan no papel de Syd.
  • Danny Huston no papel de Nigel, curmán de Theo e alto responsable do goberno. Nigel leva o programa do "Ministerio das Artes" coñecido como a "Arca das Artes", que "rescata" obras de arte como o David de Michelangelo (que perdeu unha perna), o Guernica de Pablo Picasso e British Cops Kissing de Banksy.
  • Oana Pellea no papel de Marichka.
  • Paul Sharma no papel de Ian.
  • Jacek Koman no papel de Tomasz.

Temas editar

Esperanza e fe editar

Children of Men explora os temas da esperanza e da fe[14] perante a futilidade abafadora e a desesperanza.[15][16] A fonte do filme, a novela de P. D. James The Children of Men (1992), describe que ocorre cando a sociedade non é quen de reproducirse, usando a infertilidade masculina para explicar o problema.[17][18] Na novela, queda claro que a esperanza depende das xeracións futuras. James escribe, "Era razoable loitar, sufrir, quizais mesmo morrer, por unha sociedade máis xusta e compasiva, pero non nun mundo sen futuro onde, moi axiña, as mesmas palabras "xustiza", "compaixón", "sociedade, "loita" ou "mal" serían un eco inédito nun aire baleiro."[19]

O filme cambia o problema da infertilidade de masculino a feminino[16] pero non chega a explicar a causa: a destrución medioambiental e o castigo divino son considerados como posibilidades.[20] Esta pregunta sen resposta (e outras do filme) foron atribuídos á aversión de Cuarón polos filmes expositivos: "Hai un tipo de cine que detesto, que é un cine que trata sobre a exposición e as explicacións ... Tornouse agora o que eu chamo como medio para lectores preguiceiros ... O cine é un refén de narrativa. E estou moi cómodo na narrativa como refén do cine."[21] O desdén de Cuarón polos contextos e exposicións levouno a empregar o concepto de infertilidade feminina como unha "metáfora do sentido desaparecido da esperanza".[16] Os "case míticos" Human Project convértense nunha "metáfora da posibilidade de evolución do espírito humano, a evolución do entendemento humano."[22] Sen ditar como debería sentirse o público ó final do filme, Cuarón anima os espectadores a chegar ás súas propias conclusións sobre o sentido da esperanza que se representa nas escenas finais: "Quixemos que o final fose un reflexo sobre a posibilidade da esperanza, para que o público imprimise o seu propio sentido de esperanza nese final. Entón, se é unha persoa esperanzada, verá moita esperanza e, se é unha persoa desoladora, verá unha completa desesperanza ó remate."[23]

Relixión editar

Ó igual que na Eneida de Virxilio, A Divina Comedia de Dante Alighieri e Os contos de Canterbury de Chaucer, o quid da viaxe en Children of Men reside no que descobren durante o camiño e non no propio obxectivo.[24] A viaxe do heroe de Theo cara á costa sur reflicte a súa busca persoal de "autoconciencia",[25] unha viaxe que o leva á "desesperanza por fuxir".[26]

Segundo Cuarón, o título do libro de P. D. James (The Children of Men) é unha alegoría católica que deriva dunha pasaxe das escrituras da Biblia.[27] (Salmo 90 (89):3 da Biblia do rei Xacobe: "Thou turnest man to destruction; and sayest, Return, ye children of men.") James refírese á historia como unha "fábula cristiá"[17] mentres que Cuarón descríbeo "case como unha ollada ó cristianismo": "Non quería arredarme dos arquetipos espirituais," declarou Cuarón a Filmmaker Magazine. "Pero non estaba interesado en lidar co dogma."[23] Esta diverxencia do orixinal foi criticada por algunhas persoas, incluíndo Anthony Sacramone de First Things, que chamou o filme "un acto de vandalismo", observando a ironía coa que Cuarón eliminou a relixión da fábula de P.D. James, na que o nihilismo moralmente estéril é superado polo cristianismo.[28]

A historia da natividade de James está, na versión do Sr. Cuarón, contra a imaxe dun prisioneiro cunha bata laranxa e unha bolsa negra na testa, cos brazos estendidos como nunha cruz.
Manohla Dargis (Tradución do orixinal)[29]

O filme tamén se caracteriza polo emprego de simbolismo cristián; por exemplo, os terroristas británicos chamados "Fishes" protexen os dereitos dos refuxiados.[30] Estreado o día de Nadal nos Estados Unidos, a crítica comparou as personaxes de Theo e Kee con Xosé e María,[31] chamando o filme "unha historia moderna da natividade".[32] O embarazo de Kee élle revelado a Theo nun cabanel, alundindo á escena da natividade, cando Theo lle pregunta a Kee quen é o pai do meniño ela dille de brincadeira que é virxe, e cando outros personaxes ven a Kee e o seu bebé, responden cun "Xesucristo" ou co sinal da cruz.[33] Tamén é invocado o Arcanxo Gabriel (entre outras figuras relixiosas) na escena do autobús.

Para salientar estes temas espirituais, Cuarón encargou unha peza de 15 minutos ó compositor británico John Tavener, un membro da Igrexa ortodoxa cuxa obra resoa cos temas de "maternidade, nacemento, renacemento e redención ós ollos de Deus." Chamando a súa banda sonora "unha reacción musical e espiritual ó filme de Alfonso", anacos do "Fragments of a Prayer" de Taverner conteñen letras en latín, alemán e sánscrito cantadas pola mezzosoprano Sarah Connolly. Palabras como "mata" (nai), "pahi mam" (protéxeme), "avatara" (salvador) e "aleluia" aparecen ó longo do filme.[34][35]

Nos créditos de peche, as palabras sánscritas "Shantih Shantih Shantih" aparecen como títulos finais.[36][37] A escritora e crítica de ciencia ficción Laura Eldred da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill considera que Children of Men está "cheo de toques que chaman o espectador educado". Durante a visita da súa casa por Theo e Kee, Jasper di "Shanti, shanti, shanti." Eldred di que os "shanti" empregados no filme tamén aparecen ó final do Upanishad e son a liña final do poema de T. S. Eliot A terra baldía, unha obra que Eldred describe como "dedicada a contemplar un mundo baleirado de fertilidade: un mundo sobre as súas últimas e cambaleantes pernas". "Shanti" é tamén un comezo e remate moi común en tódalas oracións hindús, e quere dicir "paz," facendo referencia á invocación da intervención divina e do renacemento até o final da violencia.[38]

Referencias contemporáneas editar

 
O home encarapuchado do presidio de Abu Ghraib cuxa pose se recrea no filme.

Children of Men ten un enfoque pouco convencional dos modernos filmes de acción, empregando un estilo de documental e de novas.[39] Os críticos de cine Michael Rowin, Jason Guerrasio e Ethan Alter observan claras críticas á cuestión da inmigración. Outros declaran que o filme é "un forte caso fronte ó sentimento antiinmigración", popular en sociedades modernas como o Reino Unido e os Estados Unidos, e Guerrasio describe o filme como "unha complexa meditación sobre a política de hoxe".[23][25]

Para Alter e outros críticos, o apoio e ímpeto estrutural das referencias contemporáneas descansa sobre a natureza visual da exposición do filme, que ocorre en forma de imaxes fronte ó diálogo convencional.[25] Visualmente, o campo de refuxiados do filme lembra intencionalmente ó presidio de Abu Ghraib, ó centro de detención de Guantánamo e á prisión de Maze.[22] Tamén aparecen outras imaxes populares, como un sinal sobre o campo de refuxiados que reza "Homeland Security".[40] A semellanza entre as infernais escenas de batalla de cinéma vérité e a cobertura das novas e documentais sobre a guerra de Iraq é observada polo crítico Manohla Dargis, describindo as paisaxes ficticias de Cuarón como "zonas de guerra de extraordinaria plausibilidade".[41]

No filme, os refuxiados son "cazados coma cascudas", asediados e levados a prisións e campamentos, e mesmo son disparados, o cal levou ós críticos Chris Smith e Claudia Puig a observar "harmónicos" simbólicos e imaxes do Holocausto.[15][42] Isto vese reforzado na escena na que unha muller maior refuxiada fala alemán dentro dunha gaiola,[43] e na escena na que a Seguridade Nacional Británica ispe e golpea a inmigrantes ilegais; unha canción de The Libertines, "Arbeit macht frei", soa de fondo.[44] "As alusións visuais ás redadas nazis son desconcertantes," escribe Richard A. Blake. "Amosa o que as persoas poden chegar a ser cando o goberno dirixe os seus temores para o seu propio beneficio."[24]

Cuarón explica como emprega as súas imaxes para facer unha referencia cruzada de eventos ficticios e futuristas con incidentes e crenzas reais, contemporáneas ou históricas:

Saen dos apartamentos rusos, e a seguinte escena que ves é esta muller chorando, sostendo o corpo do seu fillo nos seus brazos. Isto era unha referencia a unha fotografía real dunha muller sostendo o corpo do seu fillo nos Balcáns, chorando co cadáver do seu fillo. É moi obvio que cando o fotógrafo capturou esa fotografía, estaba facendo referencia á Piedade, a escultura de Michelangelo de María sostendo o corpo de Xesús. Así que: temos unha referencia a algo que ocorreu realmente nos Balcáns, que á súa vez é unha referencia á escultura de Michelangelo. Ó mesmo tempo, empregamos a escultura do David pouco antes, que tamén é de Michelangelo, e temos por suposto a referencia completa á Natividade. E así todo era unha referencia e unha referencia cruzada, tanto como puidemos.
Tradución do orixinal.[7]

Produción editar

 
Cuarón no 2006, na estrea do filme en México.

A adaptación da novela de P. D. James foi escrita orixinalmente por Paul Chart, e posteriormente reescrita por Mark Fergus e Hawk Ostby. O estudio incorporou a Alfonso Cuarón no proxecto en 2001.[45] Cuarón e o guionista Timothy J. Sexton comezaron a escribir de novo o guión despois de que o director rematase Y tu mamá también. Temeroso de que "empezase a adiviñar cousas",[10] Cuarón elixiu non ler a novela de P. D. James, optando por que fose Sexton quen lese o libro mentres Cuarón lía unha versión abreviada.[7][23] Cuarón non comezou inmediatamente a produción, dirixindo no seu lugar Harry Potter e o preso de Azkaban. Durante este período, David Arata volveu escribir o guión e entregou o bosquexo que confirmaba a Clive Owen, e enviou o filme a preprodución. A experiencia de traballo do director no Reino Unido expúxoo á "dinámica social da psique británica", dándolle unha idea da representación da "realidade británica".[46] Cuarón usou o filme La battaglia di Algeri como modelo de reconstrución social que servise para preparar a produción, presentándolle o filme a Clive Owen como un exemplo da súa visión para Children of Men. Co obxectivo de crear un marco filosófico e social para o filme, o director leu a obra de Slavoj Žižek, así como outras obras semellantes.[47] O filme Sunrise: A Song of Two Humans tamén foi moi influente.[16]

Localización editar

A Clockwork Orange axudou a xerar a pátina futurista, aínda que maltratada, do Londres de 2027.[16] Children of Men foi o segundo filme que Cuarón rodou en Londres, e segundo o director a cidade interpreta unha personaxe por si mesma, rodando escenas individuais e panorámicas da mesma.[48] Mentres Cuarón estaba a preparar o filme, producíronse os atentados terroristas de Londres, mais o director nunca considerou adiar a produción. "Tería sido imposible rodar e calquera lugar que non fose Londres, por mor da forma moi obvia na que se incorporaron as localizacións no filme," declarou Cuarón a Variety. "Por exemplo, a escena de Fleet Street mirando cara a St. Paul tería sido imposible de rodar en calquera outro lugar."[48] Por mor destas circunstancias, a escena do ataque terroristas en Fleet Street coa que comeza o filme foi rodado un mes e medio despois dos atentados reais.[47]

 
Battersea Power Station.

Cuarón escolleu a rodaxe dalgunhas escenas en East London, unha localización que el considerou "un lugar sen glamour". As localizacións fixadas foron adaptadas para que parecesen aínda máis deterioradas; Cuarón díxolle ó seu equipo "'Fagámolo máis mexicano'. Noutras palabras, viamos un lugar e despois diciamos: si, pero en México habería isto e isto. Tratábase de facer que o lugar parecese máis deteriorado. Tratábase de pobreza."[47] Tamén empregou algúns dos lugares máis populares de Londres, rodando en Trafalgar Square e Battersea Power Station. A escena da estación de enerxía (cuxa conversión nun arquivo de arte é unha referencia ó Tate Modern), foi comparada con O deserto vermello de Antonioni.[49] Cuarón engadiu un globo con forma de porco como homenaxe ó álbum de Pink Floyd Animals.[50] Outras obras de arte visibles nesta escena inclúen o David de Michelangelo,[24] o Guernica de Picasso,[51] e British Cops Kissing de Banksy.[43] As empresas de efectos visuais Double Negative e Framestore traballaron directamente con Cuarón dende o guión até a post-produción, desenvolvendo efectos e creando "escenarios e escenas que doutro xeito non serían posibles".[48] Para a casa de seguridade dos activistas usouse Chatham Dockyard como escenario.[52]

Estilo e deseño editar

"En moitos filmes épicos de ciencia ficción, os efectos especiais substitúen a historia. Aquí supérano á perfección," observa Colin Covert de Star Tribune.[53] Os valados publicitarios deseñáronse para equilibrar unha aparencia contemporánea e futurista, así como para visualizar doadamente que máis estaba acontecendo no resto do mundo nese intre, e os automóbiles fixéronse semellantes ós modernos a primeira vista, aínda que unha mirada de preto fainos parecer descoñecidos.[54] Cuarón informou que o departamento de arte do filme era o "anti-Blade Runner",[55] rexeitando propostas tecnolóxicas avanzadas e minimizando os elementos de ciencia ficción da configuración de 2027. O director centrouse en imaxes que reflectían o período contemporáneo.[56][57]

Secuencias dunha soa toma editar

Children of Men usa varias secuencias longas dunha soa toma nas que se producen escenas de acción extremadamente complexas. As máis longas delas son as secuancias nas que Kee dá a luz (199 segundos; 3:19); a da emboscada na estrada (247 segundos; 4:07); e unha escenca na que Theo é capturado polos Fishes, foxe, e corre pola rúa e a través dun edificio no medio dunha cruenta batalla (378 segundos; 6:18).[58] Estas secuencias foron extremadamente difíciles de rodar, malia que o efecto de continuidade é ás veces só unha ilusión axudado por efectos xerados por ordenador.[59] Cuarón xa experimentara con estes planos secuencia en Great Expectations, Y tu mamá también e Harry Potter e o preso de Azkaban. O seu estilo está influenciado polo filme suízo Jonas qui aura 25 ans en l'an 2000, un dos favoritos de Cuarón. Cuarón declarou "Estaba a estudar cinema cando vin por vez primeira [Jonas], e intereseime na Nouvelle Vague. Jonas foi tan irresistible en comparanza con eses filmes. A cámara mantén unha certa distancia e hai relativamente poucos primeiros planos. É elegante e fluído, rastrexa constantemente, pero moi paseniño e non chama a atención."[60]

A creación destes planos secuencia foi todo un reto, un proceso que consumiu tempo e que xerou preocupacións dende o estudio. Levou catorce días preparar o plano secuencia no que a personaxe de Clive Owen entra nun edificio baixo ataque, e cinco horas cada vez que querían volver a gravalo. No medio da toma, o sangue salpicou a lente da cámara, e o fotógrafo Emmanuel Lubezki convenceu ó director de deixala. Segundo Owen, "Xusto no medio estamos eu e o operador da cámara porque estamos facendo esta danza tan complicada e específica na que, cando fomos filmar, tivemos que facer que parecese totalmente ó chou."[61]

A idea inicial de Cuarón de manter a continuidade durante a escena da emboscada foi rexeitada polos expertos de produción por ser "imposible de rodar". Como acababa de saír da rodaxe dos efectos especiais de Harry Potter e o preso de Azkaban, Cuarón suxeriu empregar imaxes xeradas por computador para filmar a escena. Lubezki negouse a permitilo, lembrándolle ó director que tiñan a intención de facer un filme semellante a un "documental en bruto". No seu lugar, empregouse unha plataforma especial de cámara inventada por Gary Thieltges de Doggicam Systems, permitindo a Cuarón desenvolver a escena como un plano secuencia.[11][62] Modificouse un vehículo para permitir que os asentos se inclinasen e sacar ós actores fóra do camiño da cámara, e o parabrisas foi deseñado para inclinarse fóra do camiño e para permitir o movemento da cámara dentro e fóra do vehículo a través do parabrisas dianteiro. Un equipo de catro persoas, incluíndo o director de fotografía e o operador de cámara, rodaron no teito do coche.[63]

Porén, a declaración comunmente feita de que as escenas de acción son planos continuos[64] non é completamente certa. O supervisor de efectos especiais Frazer Churchill explicou que o equipo de efecto tivo que "combinar varias tomas para crear secuencias imposiblemente longas", onde o seu traballo era "crear a ilusión dun movemento de cámara continuo." Unha vez que o equipo puido crear unha "mestura perfecta", eles pasarían á seguinte toma. Estas técnicas foron moi importantes para tres planos secuencia continuos: a explosión na cafetería, a emboscada do coche e a escena de batalla. A escena da cafetería componse de "dúas tomas diferentes rodadas en días consecutivos"; a emboscada do coche foi rodada en "seis seccións e en catro localización diferentes durante unha semana e requiriu cinco transicións dixitais mesturadas"; e a escena da batalla "foi capturada en cinco tomas separadas en dúas localizacións". Churchill e o equipo de Double Negative crearon 160 desta clase de efectos para o filme.[65] Nunha entrevista para Variety, Cuarón recoñeceu esta natureza das secuencias de acción "single-shot": "Quizais estrague un gran segredo, pero ás veces é máis do que parece. O importante é como combina todo e como mantén a percepción dunha coreografía fluída a través de todas estas pezas diferentes."[8]

 
Bebé falso empregado na escena do parto.

Tim Webber de VFX house Framestore CFC foi responsable da secuencia de tres minutos e medio do parto de Kee, axudando na coreografía e creando os efectos CG do nacemento.[48] Cuarón tiña pensado orixinalmente empregar un bebé animatrónico para o meniño de Kee, con excepción da escena do parto. Ó final, rodáronse dúas tomas, e na segunda que era onde se vían as pernas de Clare-Hope Ashitey, substituíronse por pernas protésicas. Cuarón quedou satisfeito cos resultados do efecto, e volveu ás tomas anteriores do bebé en forma animatrónica, subsituíndoo por un bebé xerado por ordenador Framestore.[59]

Son editar

Artigo principal: Children of Men (banda sonora).

Cuarón emprega o son e a música para traer o mundo ficticio de disturbios e infertilidade á vida.[66] Unha combinación creativa, mais restrinxida, de rock, pop, música electrónica, hip-hop e música clásica substitúen a banda sonora tradicional.[66] Os sons mundanos do tráfico, do ladrido dos cans e da publicidade seguen á personaxe de Theo a través de Londres, East Sussex e Kent, producindo o que o escritor de Los Angeles Times Kevin Crust chama un "son de ruído urbano".[66] Para Crust, a música incide indirectamente no mundo estéril de Children of Men: a versión de Deep Purple de "Hush" a todo volume na radio do coche de Jasper convértese nunha "canción de berce nun mundo sen bebés", mentres que "The Court of the Crimson King" de King Crimson fai unha alusión semellante coa súa letra, "tres cancións de berce nunha lingua antiga" ("three lullabies in an ancient tongue").[66]

Entre unha selección que percorre todo o xénero de música electrónica, unha remestura de "Omgyjya Switch 7" de Aphex Twin, que inclúe a mostra de son 'Male This Loud Scream' de Thanvannispen,[67] non presente no orixinal (nin tampouco na banda sonora oficial) pode escoitarse durante a escena da casa de Jasper, onde Jasper ofrece a súa "Strawberry Cough" (unha potente marihuana con sabor a amorodo). Durante a conversa entre os dous homes, escóitase de fondo "Life in a Glasshouse", de Radiohead. Tamén aparecen no filme un bo número de cancións dubstep, salientando Anti-War Dub de Digital Mystikz, así como temas de Kode9 & The Space Ape e Pressure.[68]

Nas escenas de Bexhill da segunda metade do filme, o director fai uso do silencio e efectos sonoros cacofónicos como o disparo de armas automáticas ou os altofalantes que dirixen o movemento dos "fugees" (inmigrantes ilegais).[66] Aquí, a música clásica de Georg Friedrich Händel, Gustav Mahler, e o "Tren ofiarom Hiroszimy" de Krzysztof Penderecki complementan o caos do campo de refuxiados.[66] A través do filme, Fragments of a Prayer de John Tavener é usado como motivo espiritual para explicar e interpretar a historia sen o emprego de narrativa.[66] En varias ocasións durante o filme escóitase un zunido alto como un ton de alarma. Este son coincide polo xeral coa morte dun personaxe principal (Julian, Jasper) e é comentado pola propia Julian, que describe os tons como a última vez que escoitarás esa frecuencia. Neste senso, a perda desas frecuencias de son simbolizan a perda deses personaxes.[69]

Estrea editar

Children of Men tivo a súa estrea mundial no 63º Festival Internacional de Cinema de Venecia, o 3 de setembro de 2006.[70] O 22 de setembro de 2006, debutou como número 1 no Reino Unido con $2,4 millóns en 368 cines.[71] Tivo unha estrea limitada en 16 cinemas dos Estados Unidos o 22 de decembro de 2006, expandíndose a máis de 1 200 o 5 de xaneiro de 2007.[72] No 6 de febreiro de 2008, Children of Men recadara $69 612 678 en todo o mundo, dos cales $35 552 383 foron recadados só nos Estados Unidos.[73]

Acollida da crítica editar

Children of Men recibiu a aclamación da crítica e na páxina web Rotten Tomatoes recibiu un 92% de aprobación en 238 críticas; o seu consenso declarou que "Children of Men funciona en tódolos niveis: como un thriller violento de persecución, como conto fantástico de advertencia e como un sofisticado drama humano sobre os problemas das sociedades para vivir."[74] En Metacritic, tiña unha puntuación de 84 sobre 100, baseada en 38 críticas, indicando "aclamación universal".[75]

Peter Travers de Rolling Stone clasificouno no posto dous da súa lista de mellores filmes da década, escribindo:

Coido que o filme do director Alfonso Cuarón sobre a novela política de P.D. era bo cando se estreou en 2006. Despois de velo varias veces, sei que Children of Men é indiscutiblemente xenial ... Ningún filme desta década estivo máis cheo de dolorosa beleza e de acción estimulante. Non só ves a escena da emboscada do coche, (pura maxia da cámara) senón que vives dentro dela. Esa é a maxia de Cuarón: Faite crer."
Tradución do orixinal.[76]

Dana Stevens de Slate chamouno "o heraldo doutro evento bendicido: a chegada dun gran director co nome de Alfonso Cuarón". Stevens aclamou as escenas de persecución de coches e da batalla como "dúas das secuencias de persecución de plano secuencia máis virtuosas que vin na miña vida."[32] Manohla Dargis de The New York Times considerou o filme como un "thriller político magnificamente dirixido", facendo eloxios das escenas de persecución.[41] "Doadamente un dos mellores filmes do ano" dixo Ethan Alter de Film Journal International, con escenas que "abraian coa súa complexidade técnica e virtuosismo visual."[25] Jonathan Romney de The Independent eloxiou o preciso retrato de Cuarón do Reino Unido, mais criticou algunhas das escenas futuristas por ser "a típica fantasía futurista".[43] A enquisa de críticos de Film Comment dos mellores filmes de 2006 clasificouno no posto 19, mentres que os lectores puxérono no posto número dous.[77] Na súa lista de mellores filmes de 2006, The A.V. Club, o San Francisco Chronicle, Slate e The Washington Post posicionaron o filme no número un.[78] Entertainment Weekly clasificou o filme no posto sete na súa lista de mellores filmes de finais da década, declarando que "o filme distópico de Alfonso Cuarón de 2006 lembrounos que as secuencias de acción de adrenalina poden funcionar mellor cando o futuro se ve tan sucio coma hoxe."[79]

Listas dos dez mellores editar

O filme apareceu en varias listas dos dez mellores filmes de 2006 segundo a crítica:[78]

No ano 2012, o director Marc Webb incluíuno na súa lista dos dez mellores filmes cando lle preguntaron en Sight & Sound polos seus votos para os 50 mellores filmes de tódolos tempos.[80] No ano 2015, o filme foi clasificado no número un na lista de mellores filmes de tódolos tempos polo blog Pop Culture Philosopher.[81] En 2017, a revista Rolling Stone clasificou Children of Men como mellor filme de ciencia ficción do século XXI.

Galardóns e nomeamentos editar

P. D. James, de quen se dixo que estaba satisfeita co filme,[82] e os guionistas de Children of Men foron galardoados no 19ª edición do Premio USC Scripter pola adaptación da novela; Howard A. Rodman, catedrático da USC School of Cinematic Arts Writing Division, describiu a adaptación do libro á pantalla como "escritura e guión da máis alta orde", mais Gerschatt, escribindo para o Frankfurter Allgemeine Zeitung, observou que o guión tiña moi pouca semellanza coa novela: o xénero do bebé foi cambiado, así como a personaxe embarazada (Julian, na novela); Theo, que morre no filme, non o fai na novela.[83] O filme tamén foi nomeado na categoría de mellor guión adaptado na 79ª edición dos Oscar.

Children of Men tamén recibiu nomeamentos ós Oscar nas categorías de mellor fotografía (Emmanuel Lubezki) e mellor montaxe (Alfonso Cuarón e Alex Rodríguez).[84] A Asociación da Academia de Cine e Televisión Británica nomeou Children of Men ós mellores efectos visuais e galardoouno cos BAFTA á mellor fotografía e ó mellor deseño de produción. O fotógrafo de cine Emmanuel Lubezki gañou o premio mellor fotogradía pola American Society of Cinematographers na 21ª edición dos Premios American Society of Cinematographers. A Australian Cinematographers Society tamén premiou a Lubezki no 2007.[85] A "Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films" outorgou o Premios Saturn ó mellor filme de ciencia ficción a Children of Men, recibiu un nomeamento á mellor presentación dramática polos membros da World Science Fiction Convention,[86] e o American Film Institute incluino como nomeado na súa lista "AFI's 10 Top 10" de 2008.[87]

Edicións domésticas editar

A estrea do filme en formato HD-DVD e DVD en Europa foi o 15 de xaneiro de 2007[88] e nos Estados Unidos o 27 de marzo de 2007. O contido extra inclúe media hora documental do director Alfonso Cuarón titulada "The Possibility of Hope". O documental explora a intersección entre os temas do filme e a realidade cunha análise crítica de eminentes eruditos: o sociólogo e filósofo esloveno Slavoj Žižek, a activista antiglobalización Naomi Klein, o futurista medioambiental James Lovelock, a socióloga Saskia Sassen, o xeógrafo humano Fabrizio Eva, o teórico culturak Tzvetan Todorov e o filósofo e economista John N. Gray; "Under Attack" presenta unha demostración das técnicas innovadoras empregadas para as escenas de persecución e combate; Clive Owen e Julianne Moore falan sobre as súas personaxes en "Theo & Julian"; "Futuristic Design" abre a porta sobre os aspectos de deseño de produción do filme; "Visual Effects" amosa como foi creado o bebé dixital. Tamén se inclúen escenas eliminadas.[89] O filme foi estreado en formato Blu-ray Disc nos Estados Unidos o 26 de maio de 2009.[90]

Notas editar

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. "CHILDREN OF MEN (15)". Universal Studios. British Board of Film Classification. 15 de setembro de 2006. Consultado o 30 de maio de 2014. 
  2. "Children of Men (BFI)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2014. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Children of Men (2006)". Box Office Mojo. Consultado o 6 de abril de 2014. 
  4. Vineberg, Steve (6 de febreiro de 2007). "Rumors of a birth". The Christian Century 124 (3). 
  5. Meyer, Carla (3 de xaneiro de 2007). "Children of Men". Sacramento Bee. 
  6. Snyder, Gabriel (27 de abril de 2005). "Owen having U's children". Variety. Consultado o 2 de febreiro de 2007. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Voynar, Kim (25 de decembro de 2006). "Interview: Children of Men Director Alfonso Cuarón". Moviefone. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  8. 8,0 8,1 Debruge, Peter (19 de febreiro de 2007). "Editors cut us in on tricky sequences". Variety. 
  9. Snyder, Gabriel (15 de xuño de 2005). "Moore makes way to U's Children". Variety. Consultado o 2 de febreiro de 2007. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Interview: Alfonso Cuaron". Moviehole. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 10 de febreiro de 2007. 
  11. 11,0 11,1 Phillips, Michael (27 de decembro de 2006). "Children of Men director thrives on collaboration". Chicago Tribune. 
  12. Wagner, Annie (28 de decembro de 2006). "Politics, Bible Stories and Hope. An Interview with Alfonso Cuarón". The Stranger. Consultado o 26 de febreiro de 2007. 
  13. Hennerson, Evan (19 de decembro de 2006). "Brave new world. Clive Owen embarks on a mission to ensure humanity's survival". Los Angeles Daily News. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 26 de febreiro de 2007. 
  14. "Cuaron Mulls SF Film". Sci Fi Wire. 27 de maio de 2004. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2007. 
  15. 15,0 15,1 Puig, Claudia (21 de decembro de 2006). "Children of Men sends stark message". USA Today. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Wells, Jeffrey (1 de novembro de 2006). "Interview with Alfonso Cuarón". Hollywood Elsewhere. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  17. 17,0 17,1 "You ask the questions: P. D. James". The Independent. 14 de marzo de 2001. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. [Ligazón morta]
  18. Seshadri, B. (1 de febreiro de 1995). "Male infertility and world population". Contemporary Review. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  19. Bowman, James (2007). "Our Childless Dystopia". The New Atlantis (Ethics and Public Policy Center) (15): 107–110. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2007. Consultado o 25 de maio de 2007. 
  20. Ross, Bob (5 de xaneiro de 2007). "Hope is as scarce as Children in Dystopian Sci-Fi Thriller". Tampa Tribune. 
  21. Rahner, Mark (22 de decembro de 2006). "Alfonso Cuaron, director of "Y tu mama tambien" searches for hope in "Children of Men"". Seattle Times. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2012. Consultado o 5 de xuño de 2009. 
  22. 22,0 22,1 Vo, Alex. "Interview with "Children of Men" Director Alfonso Cuarón". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 Guerrasio, Jason (22 de decembro de 2006). "A New Humanity". Filmmaker Magazine. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  24. 24,0 24,1 24,2 Blake, Richard A. (5 de febreiro de 2007). "What If...?". America. 
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 Alter, Ethan. "Reviews: Children of Men". Film Journal International. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007. 
  26. Butler, Robert W. (5 de xaneiro de 2007). "Sci-fi movie paints grim future". Kansas City Star. 
  27. von Busack, Richard (10 de xaneiro de 2007). "Making the Future: Richard von Busack talks to Alfonso Cuarón about filming Children of Men". Metroactive. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 23 de xaneiro de 2007. 
  28. Anthony Sacramone (8 de novembro de 2008). "Children of Men". First Things. Consultado o 20 de decembro de 2010. 
  29. Dargis, Manohla (7 de xaneiro de 2007). "Beauty and Beasts of England, in a World on Its Last Legs". The New York Times. Consultado o 1 de maio de 2008. 
  30. Simon, Jeff (4 de xaneiro de 2007). "Life Force: Who carries the torch of hope when the world is without children?". The Buffalo News. 
  31. "Children of Men". People 67 (1). 8 de xaneiro de 2007. 
  32. 32,0 32,1 Stevens, Dana (21 de decembro de 2006). "The Movie of the Millennium". Slate. Consultado o 15 de febreiro de 2007. 
  33. Richstatter, Katje (marzo-abril de 2007). "Two Dystopian Movies...and their Visions of Hope". Tikkun 22 (2). 
  34. Broxton, Jonathan (17 de xaneiro de 2007). "Children of Men". Movie Music UK. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 5 de febreiro de 2007. 
  35. Crust, Kevin (17 de xaneiro de 2007). "Unconventional soundscape in Children of Men". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2007. 
  36. LaCara, Len (22 de abril de 2007). "Cruelest of months leaves more families grieving". Coshocton Tribune. 
  37. Lowman, Rob (27 de marzo de 2007). "Cuaron vs. the world". Los Angeles Daily News. 
  38. Kozma, Andrew; Eldred, Laura (16 de xaneiro de 2007). "Children of Men: Review". RevolutionSF. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  39. Rowin, Michael Joshua (primavera de 2007). "Children of Men". Cineaste 32 (2): 60–61. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 04 de decembro de 2017. 
  40. Bennett, Ray (4 de setembro de 2006). "Children of Men". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2007. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. 
  41. 41,0 41,1 Dargis, Manohla (25 de decembro de 2006). "Apocalypse Now, but in the Wasteland a Child Is Given". The New York Times. Consultado o 30 de xaneiro de 2007. 
  42. Smith, Chris (1 de xaneiro de 2007). "Children of Men a dark film, and one of 2006's best". Bangor Daily News. Consultado o 29 de xaneiro de 2007. [Ligazón morta]
  43. 43,0 43,1 43,2 Romney, Jonathan (Jan–Feb 2007). "Green and Pleasant Land". Film Comment: 32–35. 
  44. Herrmann, Zachary (14 de decembro de 2006). "Championing the Children". The Diamondback. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 4 de febreiro de 2007. 
  45. Fleming, Michael (5 de outubro de 2001). "Helmer Raises Children". Daily Variety. 
  46. Douglas, Edward (8 de decembro de 2006). "Exclusive: Filmmaker Alfonso Cuarón". ComingSoon. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2006. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  47. 47,0 47,1 47,2 "Children of Men feature". Time Out. 21 de setembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2007. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 Barraclough, Leo (18 de setembro de 2006). "Nightmare on the Thames". Variety. 
  49. "A haunting view of the end". The Mercury News (en inglés). 2006-12-25. Consultado o 2020-05-03. 
  50. Faraci, Devin (4 de xaneiro de 2007). "Exclusive Interview: Alfonso Cuaron (Children of Men)". Chud.com. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  51. French, Philip (24 de setembro de 2006). "Children of Men". The Observer. Consultado o 7 de xuño de 2009. 
  52. Kent Film Office. "Kent Film Office Children of Men Film Focus". 
  53. Covert, Colin (5 de xaneiro de 2007). "Movie review: Future shock in Children of Men". Star Tribune. 
  54. Roberts, Sheila (19 de decembro de 2006). "Alfonso Cuarón Interview, Director of Children of Men". MoviesOnline.ca. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  55. "The Connecting of Heartbeats". Nashville Scene. 1 de xaneiro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 15 de febreiro de 2007. 
  56. Briggs, Caroline (20 de setembro de 2006). "Movie imagines world gone wrong". BBC. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  57. Horn, John (19 de decembro de 2006). "There's no place like hell for the holidays". Los Angeles Times. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  58. Miller, Neil (29 de abril de 2012). "Scenes We Love: Explore Alfonso Cuaron’s Addiction to Single Takes in ‘Children of Men’". Film School Rejects. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2014. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  59. 59,0 59,1 "Framestore CFC Delivers Children of Men". VFXWorld. 16 de outubro de 2006. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  60. Johnston, Sheila (30 de setembro de 2006). "Film-makers on film: Alfonso Cuarón". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  61. Sutherland, Claire (19 de outubro de 2006). "Clive's happy with career". Herald Sun. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  62. "Two Axis Dolly". Doggicam Systems. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 24 de xaneiro de 2007. 
  63. mseymour7 (4 de xaneiro de 2007). "Children of Men – Hard Core Seamless vfx". fxguide. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 6 de novembro de 2007. 
  64. Murray, Steve (29 de decembro de 2006). "Anatomy of a Scene". The Atlanta Journal-Constitution. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2007. Consultado o 24 de xaneiro de 2007. 
  65. Bielik, Alain (27 de decembro de 2006). "Children of Men: Invisible VFX for a Future in Decay". VFXWorld. Consultado o 24 de xaneiro de 2007. 
  66. 66,0 66,1 66,2 66,3 66,4 66,5 66,6 Crust, Kevin (7 de xaneiro de 2007). "Critic's Notebook; Sounds to match to the Children of Men vision". Los Angeles Times. p. E–24. 
  67. "9432 thanvannispen male-thijs-loud-scream by Linus Carl Norlen". Soundcloud.com. Consultado o 21 de decembro de 2012. 
  68. Reynolds, Simon. "Reasons to Be Cheerful (Just Three)". The Village Voice. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2007. Consultado o 18 de xullo de 2007. 
  69. ""Children of Men": The Repetition of the Ringing". Filmint.nu. Consultado o 13 de decembro de 2009. 
  70. "Programme for pass holders and the public" (PDF). Festival Internacional de Cinema de Venecia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de marzo de 2007. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  71. Bresnan, Conor (25 de setembro de 2006). "Around the World Roundup: "Perfume" Wafts Past "Pirates"". Box Office Mojo. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  72. Mohr, Ian (4 de xaneiro de 2007). "Men takes a bigger bow". Variety. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  73. "Children of Men (2006)". Box Office Mojo. Consultado o 28 de febreiro de 2007. 
  74. "Children of Men (2006)". Rotten Tomatoes. Consultado o 14 de outubro de 2012. 
  75. "Children of Men (2006): Reviews". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2010. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  76. Travers, Peter. "Children of Men (2006)". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  77. "Readers' Poll". Film Comment. marzo–abril 2007. 
  78. 78,0 78,1 "Metacritic: 2006 Film Critic Top Ten Lists". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 8 de xaneiro de 2008. 
  79. Geier, Thom; Jensen, Jeff; Jordan, Tina; Lyons, Margaret; Markovitz, Adam; Nashawaty, Chris; Pastorek, Whitney; Rice, Lynette; Rottenberg, Josh; Schwartz, Missy; Slezak, Michael; Snierson, Dan; Stack, Tim; Stroup, Kate; Tucker, Ken; Vary, Adam B.; Vozick-Levinson, Simon; Ward, Kate (12 de novembro de 2009). "Ten Best Movies Of The Decade!". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 4 de febreiro de 2010. 
  80. "Marc Webb". Sight & Sound Greatest Films Poll. British Film Institute. 2012. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2012. Consultado o 3 de outubro de 2012. 
  81. "Pop Culture Philosopher". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2016. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  82. "P.D. James Pleased With Film Version of Children of Men". IWJBlog. 9 de xaneiro de 2007. Consultado o 7 de xuño de 2009. 
  83. Kit, Boris (13 de xaneiro de 2007). "Scripter goes to Children of Men". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2007. Consultado o 2 de decembro de 2011. 
  84. "Road to the Oscars 07". IMDb. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2007. 
  85. "Emmanuel Lubezki AMC ASC". Australian Cinematographers Society. 5 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2007. Consultado o 25 de maio de 2007. 
  86. "Hugo and Campbell Awards Nominations". Locus Online. 29 de marzo de 2007. Consultado o 25 de maio de 2007. 
  87. "AFI's 10 Top 10 Nominees" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2016. 
  88. "DVD – Children of Men". Monsters and Critics. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2007. Consultado o 12 de marzo de 2007. 
  89. Howell, Peter (29 de marzo de 2007). "A stark prophecy". Toronto Star. 
  90. "Children of Men". Consultado o 11 de agosto de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar