Chibis-M

satélite artificial ruso

Chibis-M foi un satélite artificial ruso lanzado o 30 de novembro de 2011 a bordo do cargueiro Progress-M 13M mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]

Chibis-M
Chibis-M (no centro) insertado na Progress-M 13M antes de ser exectado.
TipoCientífico
Contratistas principaisIKI
Data de lanzamento30 de novembro de 2011[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2][3][4][5]
Decaemento15 de outubro de 2014[1]
NSSDC ID2011-062C

Características editar

Chibis-M foi enviado ao espazo como unha carga acaroada ao cargueiro Progress-M 13M, que se acoplou á Estación Espacial Internacional o 2 de novembro. Despois de cumprir a súa misión, o cargueiro desacoplouse o 24 de xaneiro de 2012, liberando a Chibis-M e deixandoo en órbita.[1][2][4][5]

O satélite tiña unha masa de 40 kg e foi construído polo Instituto de Investigación Espacial (IKI en ruso). Levaba a bordo un experimento de ondas de plasma para estudar a interrelación dos procesos que ocorren na ionosfera e magnetosfera terrestres. Despois de máis de dous anos en órbita, Chibis-M reentrou na atmosfera o 15 de outubro de 2014.[1][2][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "CHIBIS-M" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Chibis M" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 24 December 2013 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (13-82425 (E)). 8 de abril de 2013: 2. Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Chibis-M (RS 39)" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "Chibis-M" (en inglés). Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar