Chasmanthe floribunda

Chasmanthe floribunda (Salisb.) N.E.Br. é unha especie herbácea e perenne pertencente á familia das iridáceas. É usada como ornamental en varias partes do mundo.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]

Detalle da flor.

Descrición editar

É unha herba perenne, de follaxe decidua, bulbosa e ornamental, nativa de Suráfrica do mesmo xeito que as restantes especies de Chasmanthe. É unha especie que alcanza gran tamaño, até 1,2 m, con follas ensiformes de 30 a 60 cm de longo e 3 a 5 cm de ancho e flores tubulares de cor vermella-alaranxada nunha espiga erecta. Vexeta no inverno, florece na primavera e permanece en repouso durante o verán.

Taxonomía editar

Chasmanthe floribunda foi descrita por Salisb. N.E.Br. e publicada en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 274. 1932.[2]

Etimoloxía

Chasmanthe: nome xenérico que procede do grego chasme, que significa aberto, partido e anthos, que significa flor, facendo referencia aos tépalos incisos ou partidos.

floribunda: epíteto latino que significa "profusamente floreada".[3]

Sinonimia
  • Antholyza floribunda Salisb., Trans. Hort. Soc. London 1: 324 (1812).
  • Petamenes floribunda (Salisb.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941).[4]
  • Antholyza praealta Delile[5]

Notas editar

  1. Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
  2. "Chasmanthe floribunda". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  3. En Epítetos Botánicos
  4. "Chasmanthe floribunda". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 25 de marzo de 2010. 
  5. "Chasmanthe floribunda". The Plant List. Consultado o 6 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.