Chasmanthe aethiopica

especie de planta

Chasmanthe aethiopica é unha especie herbácea e perenne pertencente á familia das iridáceas. É unha planta ornamental de orixe surafricana.

En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[1]

Ilustración.
Flores.
Detalle da flor.

Descrición editar

Chasmanthe aethiopica é unha planta ornamental de orixe surafricana que pode atoparse naturalizada nas marxes dalgunhas estradas, tendo carácter invasor. Diferénciase polas súas espigas unilaterais, normalmente simples e erectas. As flores son zigomorfas e teñen un periantio de cor vermella e amarela, formado por seis pezas que se unen formando un tubo basal duns 2-3 cm de lonxitude e libres na súa parte superior, sendo un deles de maior tamaño.[2]

Taxonomía editar

Chasmanthe aethiopica foi descrita por (L.) N.E.Br. e publicada en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 273. 1932.[3]

Etimoloxía

Chasmanthe: nome xenérico que procede do grego chasme, que significa aberto, partido e anthos, que significa flor, facendo referencia aos tépalos incisos ou partidos.

aethiopica: epíteto que fai referencia a Etiopía, aínda que se adoita aplicar tamén a plantas africanas que teñen outra orixe.

Sinonimia
  • Antholyza aethiopica L., Syst. Nat. ed. 10, 2: 863 (1759).
  • Gladiolus aethiopicus (L.) Drapiez, Dict. Sci. Nat. 5: 129 (1853).
  • Petamenes aethiopica (L.) Allan, Bull. New Zealand Dept. Sci. Industr. Res. 83: 305 (1940).
  • Gladiolus stoloniferus Salisb., Prodr. Stirp. Chap. Allerton: 31 (1796).
  • Antholyza ringens Andrews, Bot. Repos. 1: t. 32 (1798), nom. illeg.
  • Antholyza vittigera Salisb., Trans. Hort. Soc. London 1: 324 (1812).
  • Antholyza aethiopica var. immarginata Baker in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 6: 167 (1896).
  • Antholyza aethiopica var. ringens (Andrews) Baker in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 6: 167 (1896).
  • Antholyza aethiopica var. vittigera (Salisb.) Baker in W.H.Harvey & auct. suc. (eds.), Fl. Cap. 6: 167 (1896).
  • Antholyza immarginata (Baker) Thunb. ex N.E.Br., J. Linn. Soc., Bot. 48: 17 (1928).
  • Chasmanthe peglerae N.E.Br., Trans. Roy. Soc. South Africa 20: 273 (1932).
  • Chasmanthe vittigera (Salisb.) N.E.Br., Trans. Roy. Soc. South Africa 20: 274 (1932).
  • Petamenes peglerae (N.E.Br.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941).
  • Petamenes vittigera (Salisb.) E.Phillips, Bothalia 4: 44 (1941).[4]

Notas editar

  1. Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
  2. Chasmanthe aethiopica en Flora de Canarias
  3. "Chasmanthe aethiopica". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 6 de abril de 2015. 
  4. "Chasmanthe aethiopica". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 25 de marzo de 2010.