Charlotte Amalie
Charlotte Amalie é a capital e a cidade máis poboada das Illas Virxes Estadounidenses, fundada en 1666 como Taphus ("cervexarías" ou "salas de cervexa"[1]). En 1691, a cidade foi renomeada como Amalienborg (en inglés: Charlotte Amalie) en honor de Charlotte Amalie of Hesse-Kassel (1650-1714), raíña consorte do Rei Christian V de Dinamarca. Contén un porto de auga profunda que era un refuxio para piratas e agora é un dos portos máis concorridos por cruceiros no Caribe, con aproximadamente 1.5 millóns de pasaxeiros en 2004.
Nomeado en referencia a | Carlota Amália de Hesse-Cassel (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Territorios non incorporados | Illas Virxes Estadounidenses - United States Virgin Islands | |||
District of the United States Virgin Islands (en) | Saint Thomas and Saint John District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 14.477 (2020) (4.610,51 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 3,14 km² | |||
Altitude | 0 m | |||
Creación | 1666 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 00801–00804, 801 e 803 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 340 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | st-thomas.com |
Historia editar
Era precolombiana editar
No segundo viaxe ao Novo Mundo, Cristovo Colón atopou cantidades de americanos nativos que vivían no arquipélago onde se atopan as Illas Virxes Estadounidenses. Os rexistros arqueolóxicos indican que as illas estiveron habitadas por tribos indias, incluíndo o pobo taíno, pobo dos arauacos, pobo dos kalinago, e o pobo dos ciboney.[2]
Século XVIII editar
No século 18, máis de 3000 habitantes brancos vivían na cidade e os produtores de azucre e o comercio de escravos era a economía da cidade. Despois de que o goberno danés quería administración directa no arquipélago no 1754, a capital era movida de Charlotte Amalie a Christiansted na illa de Santa Cruz.
Galería editar
-
Porto de Santo Tomé na noite
-
Charlotte Amalievista desde o barrio de Dronningens
-
Unha das rúas escarpadas nas ladeiras. Bunker Hill (Commandant Gade), 1941
-
Vista da cidade
-
Vista sobre o porto e Havensight desde Bluebeard's, 1980
-
Pazo lexislativo das USVI (esquerda) e Fort Christian (dereita) en Charlotte Amalie
Notas editar
- ↑ The History of St. Thomas, US Virgin Islands (en inglés).
- ↑ Early Peoples of the Virgin Islands Arquivado 30 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charlotte Amalie |