Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure

filme de animación estadounidense de 2003

Charlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure (en galego, A arañeira de Charlotte 2: A gran aventura de Wilbur) é un filme de animación, continuación do filme de 1973 Charlotte's Web, producido en conxunto de Parmount Pictures, Universal Studios, Universal Animation Studios e Nickelodeon, dirixida por Mario Piluso, e lanzada a Universal Pictures por primeira vez nos Estados Unidos o 18 de marzo de 2003. Está distribuído pola Paramount Home Entertainment, nos Estados Unidos e no resto do mundo pola Universal Studios Home Entertainment. O filme baséase no libro infantil Charlotte's Web, escrito por E. B. White. O filme ten unha mensaxe clara de amizade e individualidade.

A arañeira de Charlotte 2: A gran aventura de Wilbur
Ficha técnica
Título orixinalCharlotte's Web 2: Wilbur's Great Adventure
DirectorMario Piluso
GuiónElana Lesser
Cliff Ruby
IntérpretesDavid Berón
Julia Duffy
Charles Adler
Amanda Bynes
MúsicaMichael Tavera
Estrea2003
Duración79 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xéneroanimación
aventura
drama
comedia
infantil
Na rede
IMDB: tt0355315 Filmaffinity: 565264 Rottentomatoes: m/charlottes_web_2_wilburs_great_adventure Allmovie: v275885 Netlix: 60025689Editar o valor em Wikidata

O filme vira en torno a Wilbur, que vive nunha granxa e ten que facerse cargo de tres novas arañas, que foron as fillas da araña Charlotte, quen morreu no primeiro filme, e debe evitar que o novo amigo, unha ovella negra chamada Cardigan, sexa comida por un raposo malvado chamado Farly. Esta continuación foi amplamente criticada. En TV Guide díxose que no filme non se captura o corazón e o espírito do orixinal e tamén criticou a animación (á cal se referiu como "pobre").[1] Mike Long de DVD Talk tamén dixo que a animación é mediocre, semellante a unha caricatura "de sábado pola mañá".[2]

Sinopse editar

Wilbur o porquiño sabe como é de importante a amizade, unha lección que aprendeu coa araña Charlotte. Entón, cando coñece a Cardigan, un carneiriño solitario, axiña se torna o seu amigo. Cardigan ensínalle a Wilbur todas as marabillas da vida na granxa e preséntalle a tres arañas moi especiais: Nellie, Arana e Joy, as fillas de Charlotte.

Cando o caseiro Zuckerman vende a Cardigan a outra facenda, inmediatamente sabe que facer. Acompañado polo intelixente rato Templeton, Wilbur e Charlotte embarcan nunha viaxe inesquecible para atoparen a Cardigan, durante a cal van descubrir que con coraxe, amor e amizade poden obter o que se propoñan.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 02 de xuño de 2010. 
  2. http://www.dvdtalk.com/reviews/5827/charlottes-web-2-wilburs-great-adventure/