Charles Bell, nado en novembro de 1774 en Doun in Monteath (Edimburgo) e finado o 28 de abril de 1842, en North Hallow (Worcestershire), foi un anatomista e cirurxián escocés.

Infotaula de personaCharles Bell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1774 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1842 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Worcester (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Royal High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioloxía, anatomía e teologia natural (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Edimburgo
Londres
Escocia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónanatomista , profesor universitario , neurólogo , fisiólogo , filósofo , médico , cirurxián , escritor , neurocientífico , pintor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Hunter (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsRobert Bell (en) Traducir, George Joseph Bell (en) Traducir e John Bell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 4146248 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bell viviu e estudou en Edimburgo, onde se graduou como médico en 1799, pouco despois admitíronno no Royal College of Surgeons, onde exerceu a cirurxía e ensinou anatomía. Baixo o consello do seu irmán John Bell, publicara en 1798 , nos seus tempos de estudante A System of Dissection Explaining the Anatomy of the Human Body e participou en Anatomy of the Human Body publicado polo seu irmán en 1802 e 1804 con capítulos sobre as vísceras, os nervios e os órganos sensoriais. En 1804 marchou a Londres onde exerceu a cirurxía privada e daba clases de anatomía na Great Windmill Street School of Anatomía. Tamén serviu como cirurxián militar. En 1824 converteuse no primeiro profesor de cirurxía e anatomía do College of Surgeons in London.

Foi nomeado cabaleiro en 1831. En 1836 aceptou o posto de profesor de cirurxía na Universidade de Edimburgo.

Obras editar

 
The Maniac (1806)

Charles Bell foi un investigador e escritor prolífico, en 1811 publicou un estudo detallado do cerebro in 1811, no seu libro An Idea of a New Anatomy of the Brain, onde describiu os seus experimentos con animais e como foi o primeiro entre a sensibilidade e a motricidade e as funcións vexetativas. O libro converteuse na pedra de alicerce da neuroloxía.

Bell foi un dos primeiros médicos en unir o estudo científico da neuroanatomía coa práctica clínica. En 1821 describiu a traxectoria do nervio facial e unha enfermidade que levaba a unha parálise unilateral dos músculos faciais en On the Nerves: Giving an Account of some Experiments on Their Structure an Functions, Which Lead to a New Arrangement of the System.

O seu gusto polo debuxo e a pintura levouno a publicar Illustrations of the Great Operations of Surgery: Trepan, Hernia, Amputation, Aneurism, and Lithotomy (1821) e Essays on the Anatomy of Expression in Painting (1806).