Charles Albert Gobat

Charles Albert Gobat, nado o 21 de maio de 1843 e finado o 16 de marzo de 1914, foi un avogado, administrador educativo e político suízo, que recibiu, xunto co Élie Ducommun, o Premio Nobel da Paz de 1902, pola súa lideranza na Oficina Internacional pola Paz, a máis antiga federación pola paz do mundo.

Charles Albert Gobat
Nacemento21 de maio de 1843
Lugar de nacementoTramelan, Suíza Suíza
Falecemento16 de marzo de 1914
Lugar de falecementoBerna, Suíza Suíza
SoterradoBremgarten cemetery
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Basilea e Universidade de Heidelberg
OcupaciónAvogado, administrador educativo e político
FillosMarguerite Gobat
PremiosPremio Nobel da Paz
Na rede
WikiTree: Gobat-9 Find a Grave: 170985197 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Gobat naceu en 1843 en Tramelan, Suíza. Era fillo dun pastor protestante e sobriño de Samuel Gobat, un misioneiro que se tornou bispo de Xerusalén. Educouse nas Universidades de Basilea, Heidelberg, Berna e París. Recebiu o doutoramento en dereito da Universidade de Heidelberg o 1867.

Recibiu aclamación polo seu traballo République de Berne et la France pendant les guerres de religion, publicado o 1891 e tamén por Histoire de la Suisse racontée au peuple de 1900.

Así mesmo, foi un forte defensor da lingua internacional esperanto e tamén do ido.[1]

Notas editar

  1. Ivan Širjaev; Ludoviko Kökény; Vilmos Bleier; Kálmán Kalocsay (1933-1934). Enciklopedio de Esperanto. Literatura Mondo. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.