Charles-François Brisseau de Mirbel

Charles-François Brisseau de Mirbel, nado o 27 de marzo de 1776 en París, e finado o 12 de setembro de 1854 en Levallois-Perret, Illa de Francia, foi un botánico e político francés.

Infotaula de personaCharles-François Brisseau de Mirbel

(2005) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1776 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1854 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Levallois-Perret, Francia Editar o valor em Wikidata
131º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1829 – 31 de decembro de 1829
← Pierre Louis Dulong (pt) TraducirPierre-Simon Girard (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias naturais e botánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , profesor universitario , político , naturalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorFacultade de Ciencias de París
Museo Nacional de Historia Natural de Francia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaMirb. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLizinska de Mirbel
Premios

Traxectoria editar

Aos 20 anos converteuse en naturalista axudante no Museo Nacional de Historia Natural de Francia. En 1802 publicou un importante Traité d'anatomie et de physiologie végétales, o que fixo que fora consideralo o pai da citoloxía, a histoloxía e a fisioloxía das plantas. En 1803 obtivo o posto de administrador dos xardíns do Château de Malmaison, de París. As súas publicacións valéronlle para, en 1808, ingresar na Academia de Ciencias de Francia e obter a cátedra de Botánica na Sorbona.

Durante a Restauración, o seu amigo Élie Decazes, ministro da Policía en 1815 e presidente do Consello de Ministros de Lois XVIII en 1819, ofreceulle un posto de Secretario Xeral. Pero a caída do goberno en 1829, preludio da Revolución de 1830, marcou o fin das súas ambicións políticas e obtivo unha cadeira no Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

A súa segunda esposa, Lizinska de Mirbel (de solteira Lizinska Aimée Zoé Rue), foi unha famosa miniaturista nos círculos da Corte.

Algunhas publicacións editar

  • Histoire naturelle, générale et particulière de plantes, 1802-1806.
  • Exposition de la théorie de l'organisation végétale, 1809.
  • Traité d'anatomie et de physiologie végétale, 1813.
  • Éléments de physiologie végétale et de botanique, 1815.

Honores editar

Foi membro da Membro da Academia de Ciencias de Francia, da Royal Society e da Academia Leopoldina, e cabaleiro da Légion d'Honneur.

En 1877, unha parte da rúa de l'Abbé-de-l'Épée no 5e arrondissement de París pasou a denominarse rúa de Mirbel na súa honra.

Eponimia editar

O xénero Mirbelia Sm. 1805 foi nomedo no seu honor.

Abreviatura editar

A abreviatura Mirb. emprégase para recoñecer a Charles-François Brisseau de Mirbel como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gillispie, Charles Coulston, ed. (1970): "Mirbel, Charles Francois Brisseau De (1776-1854)" Dictionary of Scientific Biography: Volumes I-XIV. Nova York: Charles Scribner's Sons.

Ligazóns externas editar