Chacha (xeorxiano: ჭაჭა), é un licor tradicional de Xeorxia, popularmente chamado "vodka de viño", "vodka de uva" ou "vodka xeorxiano". Está feito de bagazo de uva. O termo chacha é utilizado en Xeorxia para referirse a calquera tipo de licor feito de froitas, aínda que máis comunmente refírese ao destilado de uvas. Prodúceno tamén con uvas verdes. Outras froitas comúns que se utilizan son figos, mandarinas, laranxas, ou amoras.

Orixinalmente soamente era unha bebida caseira de granxeiros xeorxianos, pero hoxe prodúceno destiladores profesionais. Unha das marcas de chacha máis famosas é o Binekhi Estragon, que obtivo a medalla de prata nos premios Mundus Vini 2007.[1]

A torre Chacha editar

O 18 de outubro de 2012 abriu en Batumi a fonte de "Torre Chacha", onde cada noite ás 7pm, flúe chacha gratis durante 10 minutos.[2]

Notas editar

  1. "List of silver medals awarded during Mundus Vini 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de maio de 2011. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  2. "Chacha Tower" with unique spirit fountain opened in Batumi