Chícharo de raposo

especie de planta
Chícharos de raposo (xénero Lupinus)

Planta de L. polyphyllus en floración.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Genisteae
Xénero: Lupinus
L.
Subxénero: 1. Lupinus; 2. Platycarpos [1]
Especies

Véxase no texto

O chícharo de raposo ou chícharo bravo[1] é o nome que reciben as plantas fabáceas (especialmente Lupinus albus[2] e L. angustifolius[3]), pertencentes ao xénero Lupinus e usadas na fixación de nitróxeno nos solos. O xénero conta con arredor de 200 especies orixinarias do Mediterráneo (subxénero Lupinus) e de América (subxénero Platycarpos (Watson) Kurl.) A semente, de cor amarela, non ten aproveitamento agrícola e é xeralmente vendida e consumida en conserva como petisco (acepipe), sendo moi común nas cervexarías de Portugal. O tremoceiro in natura contén un aminoácido neurotóxico que o veda ao consumo humano, alén dunha serie de substancias alcaloides dotadas de efectos neurotóxicos e hepatóxicos do grupo da quinolicidina, como a lupanina, ou lupinina, mais isto só ocorrería co consumo do gran fresco ou seco, e en grandes cantidades e por longos períodos. Para poder consumir os chícharos de raposo sen risco, deben ser cocidos e despois cubertos de auga mudándoa con frecuencia durante uns días até perderen o seu amargo orixinal, coa eliminación dos alcaloides. Preparados deste xeito, os chícharos bravos non ofrecen ningún risco á saúde.

Lupinus albus
Chícharos de raposo (sementes do tremoceiro Lupinus albus).

Botánica editar

Lupinus é un dos xéneros de plantas da familia das fabáceas, subfamilia Faboideae. Hai preto de 150 especies clasificadas neste xénero (subxéneros Lupinus, e Platycarpos (Wats.) Kurl.). A maioría destas especies teñen a propiedade de fixar nitróxeno nos solos, e moitas son utilizadas como fertilizante natural en zonas agrícolas. As sementes das plantas do xénero Lupinus, tremoceiros, son coñecidas como chícharos de raposo ou bravos.

Descrición editar

Son plantas de talo erecto, que habitualmente miden entre 5 dm e 2 m de altura. As súas follas están formadas por un número impar de folíolos e o seu aspecto é semellante ao dunha man. Nas especies silvestres e as cultivadas con propósitos ornamentais, as flores reúnense en longas e vistosas inflorescencias, porén, as especies cultivadas para a alimentación adoitan ter inflorescencias máis miúdas e pouco notorias. As cores dos pétalos varían dende o branco ao azul intenso, con predominio de tons azulados e rosados. O seu froito é un legume que contén sementes con forma de esfera achatada.

Algunhas especies editar

As especies sinaladas con P medran de forma espontánea en Galiza, normalmente en solos areentos.

Constituíntes tóxicos existentes neste xénero editar

Clasificación do xénero editar

Sistema Clasificación Referencia
Carl von Linné Clase Diadelphia, orde Decandria [4]

Notas editar

  1. Termos esenciais de botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela
  2. http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=tremoceiro&tipo_busca=lema
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chícharo.
  4. Species Plantarum (1753)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar