A cesta punta é un deporte de orixe vasca. O nome provén do éuscaro zesta-punta, 'punta de cesta'. Tamén recibe o nome de jai alai ("festa alegre" en éuscaro).

Xogador de cesta punta de Miami.

Consiste nunha modalidade de pelota vasca que se practica cunha cesta de vimbio. Cóllese a pelota coa cesta, tómase impulso e lánzase cara ao frontón. O peso da cesta oscila entre 200 e 600 g, cunha lonxitude de entre 62 cm (nas posicións dianteiras) e 68 cm (nas defensas). Se se ten en conta a curvatura das liñas, as dimensións oscilan entre 90 e 110 cm, e a profundidade da cesta, de 15 cm.

A cesta fabrícase con madeira de castiñeiro, tecida de vimbio, malia que na actualidade utilízanse materiais sintéticos. A forma da cesta (curva, cóncava, alongada e estreita) é, ao parecer, unha modificación da antiga chistera. Encaixa na man a xeito de luva, atada cunha corda, e vai provista dunha bolsa que axuda a reter a pelota.

Xógase en frontóns de entre 54 e 60 m. O principal trazo da cesta é lanzar a pelota con maior forza e eficacia despois de recollela e deixala deslizar até o extremo. De aí sae despedida contra o frontón, co fin de marcar un "tanto" para conseguir o maior número de puntos.

O xogo por parellas é a modalidade máis común. Os países máis sobresalientes son Francia, España, México, as Filipinas e os Estados Unidos (sobre todo no estado de Florida).[1]

As xogadoras e xogadores profesionais desenvolven as súas tempadas principalmente en México e nos EUA. A tempada estival celébrase en Euskadi e Francia, no circuíto Jai Alai World Tour.

Cesta punta nos Mundiais de Pelota Vasca editar

N. Ano Sede       Vitoria
I 1952 Donostia
  España
  España   México M. Balet - J. Balet
II 1955 Montevideo
  Uruguai
  México   España R. Montes - A. López
III 1958 Biarritz
  Francia
  México   España Azcue - José Hamui
IV 1962 Pamplona
  España
  México   España Adrián Zubikarai - José Hamui
V 1966 Montevideo
  Uruguai
  México   España Adrián Zubikarai - José Hamui
VI 1970 Donostia
  España
  Francia   España   México Camy - Fourneau
VII 1974 Montevideo
  Uruguai
  Francia   México   España J. Abeberry - J. Irazoqui
VIII 1978 Biarritz
  Francia
  España   México   Francia Aperribay - Totorica
IX 1982 Cidade de México
  México
  Francia   Estados Unidos   España D. Michelena - J. Inchauspe
X 1986 Gasteiz
  España
  Francia   España   Estados Unidos Etxeverria - Jaime Eza
XI 1990 Cuba
  Cuba
  España   Francia   México A. Compañón - Mugartegui
XII 1994 Donibane Lohizune
  Francia
  España   México   Francia Lander - Osa
XIII 1998 Cidade de México
  México
  Francia   México   España L. Garcia - E. Irastorza
XIV 2002 Pamplona
  España
  Francia   España   México García - Inza
XV 2006 Cidade de México
  México
  Francia   España   México García - Inza
XVI 2010 Pau
  España
  Francia   México   España Tambourindeguy - Etcheto
XVII 2014 Toluca
  México
  España   Francia   México Pablo Lopez Polite-Yolanda Polite

Medalleiro histórico editar

PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1  Francia82212
2  España58417
3  México46515
4  Estados Unidos0112
Totais (4 países)17171246

Cesta punta nos Xogos Olímpicos editar

N. Ano Sede       Campeones
I 1900 París
  Francia
  España   Francia José de Amézola e Francisco Villota
II 1924 (deporte de exhibición) París
  Francia
  España   Francia Sagrana, Garate, Santamaría
III 1968 (deporte de exhibición) Cidade de México
  México
  España   Francia   México Irmáns Mirapeix, Beascoechea e Arrien
IV 1992 (deporte de exhibición) Barcelona
  España
  España   Francia   México Konpa, Atain, Celaya e Oianguren

Medalleiro histórico editar

PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1  España4004
2  Francia0404
3  México0022
Totais (3 países)44210

Notas editar

  1. Llano, Pablo de (29 de abril de 2018). "Estados Unidos cierra la puerta a los pelotaris vascos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 11 de xuño de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar