Cervo acuático

especie de mamífero
Cervo acuático
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Cervidae
Subfamilia: Hydropotinae
Trouessart, 1898
Xénero: ''Hydropotes''
Swinhoe, 1870
Especie: ''H. inermis''
Nome binomial
Hydropotes inermis
(Swinhoe, 1870)
Subespecies

O cervo acuático[2] (Hydropotes inermis) é unha especie de cervo pequeno con máis semellanzas cos cervos almiscreiros que coa familia dos cérvidos. Orixinario da China e Corea, existen dúas subespecies: a chinesa (Hydropotes inermis inermis) e a coreana (Hydropotes inermis argyropus). Malia certas peculiaridades anatómicas, que inclúen un par de cairos prominentes, e a súa carencia de hastas, é clasificado como un cervo. Os seus trazos anatómicos únicos levaron a que fose clasificado no seu propio xénero (Hydropotes) así como na súa propia subfamilia (Hydropotinae).[3] Porén, estudos de secuencias de ADN mitocondrial e de citocromo b sitúano preto do grupo Capreolus, dentro da sección do Vello Mundo da subfamilia Capreolinae.[4][5] Os seus prominentes cairos, semellantes aos dos cervos almiscreitos, provocaron que ámbalas dúas subespecies sexan chamadas coloquialmente "vampire deer" (cervo vampiro) en áreas anglófonas ás que foron importados. A especie está clasificada como vulnerable pola IUCN. Foi descrita por vez primeira no mundo occidental por Robert Swinhoe en 1870.

Notas editar

  1. Harris, R.B. (2008). "Hydropotes inermis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.  Database entry includes a brief justification of why this species is of vulnerable.
  2. Definición de Cervo acuático no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Grubb, P. (2005). "Order Artiodactyla". En Wilson, D. E.; Reeder, D. M. Mammal Species of the World (3ª ed.). Johns Hopkins University Press. p. 671. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494. 
  4. Douzery, E.; Randi, E. (novembro de 1997). "The mitochondrial control region of Cervidae: evolutionary patterns and phylogenetic content". Molecular Biology and Evolution 14 (11): 1154–1166. ISSN 0737-4038. PMID 9364773. doi:10.1093/oxfordjournals.molbev.a025725. 
  5. Randi, E.; Mucci, N.; Pierpaoli, M.; Douzery, E. (1998). "New phylogenetic perspectives on the Cervidae (Artiodactyla) are provided by the mitochondrial cytochrome b gene". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 265 (1398): 793–801. PMC 1689037. PMID 9628037. doi:10.1098/rspb.1998.0362. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar