Certeza

seguridade en que unha proposición é verdadeira

A certeza é un coñecemento seguro, claro e evidente das cousas. Tamén se define como a firme adhesión da mente a algo coñecible, sen temor a errar, a persuasión completa de que se está en posesión da verdade. Se entendemos só o aspecto psicolóxico, referirmonos ao estado ou situación do espírito con relación a un xuízo que se considera verdadeiro e exclúe todo temor a equivocarse. O alcance gnoseolóxico do termo é máis amplo.

A certeza é unha adhesión ou asentimento, que pode proceder do entendemento ou da vontade; aínda que debe responder á obxectividade do xuízo ou á verdade na que se asenta.

Xustificación da certeza editar

É difícil xustificar o termo de certeza debido a que se multiplicaron e diversificaron os campos do saber humano. Por iso hai que aludir a dúas posturas histórias: o escepticismo e o dogmatismo. O escepticismo considera que non hai ningún saber firme, nin se pode encontrar ningunha opinion segura. Mentres que para o dogmatismo a certeza non necesitaría xustificación; xa que as verdades impoñense por si mesmas. Pero o dogmatismo é un realismo inxenuo xa que mantén unha confianza excesiva no poder da razón, así como a admisión dalgunhas verdades indemostrables ou verdades evidentes por si mesmas.

Clases de certeza editar

Pódense facer múltiples clasificación da certeza. Algúns autores distinguen unha certeza subxectiva dunha obxectiva. Podemos diferenciar varias clases de certeza:

  • Certeza natural. É a que procede da natureza mesma do home e comprende verdades non só de orde sensible, se non que tamén algunhas pertencentes ao ámbito da metafísica, a moral, a psicoloxía racional etc. A firmeza da adhesión a esas verdades é un feito probado suficientemente. E por enriba desta certeza natural está a reflexa, que se basea nunha reflexión explícita, inmediata ou mediata.
  • Certeza de experiencia. O termo experiencia ten o dobre sentido de coñecemento sensible e experimentación científica. Para xustificar a certeza de experiencia déronse moitas solucións, que oscilan entre o materialismo e o idealismo. Sen dúbida, a sensación é un acto do suxeito cognoscente considerado na súa totalidade; de aí que a sensación humana non quede encerrada nos límites do puramente sensible, se non que nela intervén tamén o entendemento.Esta certeza é a base do fundamento da certeza científica e da filosófica.
  • Certeza científica. É propia de todas as ciencias, aínda que hai que facer unha nova clasificación:
  • Certeza nas ciencias físicas. Como por exemplo as ciencias da natureza, cuxo estudo recae sobre os fenómenos ou aspectos observables e mensurables, é dicir, despois dun complicado proceso de investigación científica xorden as hipóteses, as teorías e as leis. As teorías científicas son esquemas de ordenación e modos de interpretación dos fenómenos; nunca son xerais, e en moitos casos resultan insuficientes para reflectir adecuadamente a realidade. Por iso a súa certeza é só sistemática e hipotética. As leis físicas, non gozan de certeza absoluta porque son limitadas. E en consecuencia, o seu grao de certeza depende do rigor dos procedementos de investigación científica, e especialmente da indución.
  • Certeza nas ciencias matemáticas. Nesta ciencia parece máis propio falar de exactitude que de certeza; aínda que o rigor dos procedementos e das operacións matemáticas produce unha grande evidencia, obxectiva. Trátase, dunha certeza puramente formalista, convencional e hipotética.
  • Certeza na filosofía. A filosofía, proporciónanos os principios primeiros do ser e do coñecer, que gozan dunha evidencia obxectiva absoluta, polo tanto terán unha certeza tamén absoluta. Esta certeza esixe que se atenda ao seu suxeito. Por iso hai a posibilidade, de innumerables fallos, prexuízos etc. Por iso, debe someterse humildemente aos feitos, estes obrígannos a recoñecer que o repertorio das nosas certezas metafísicas é moi escaso e que incluso nas poucas que posemos, a evidencia obxectiva non é absoluta.
  • Certeza histórica. A historia considerase como ciencia no sentido amplo, dada a peculiaridade do seu obxecto. A gran complexidade dos factores que interveñen na elaboración da historia dificultan a súa certeza, aínda que non a imposibilitan.
  • Certeza moral. Esténdese en moitos sentidos. É o resultado dunha indución analóxica que nos fai chegar a unha lei de carácter psicolóxico, segundo o cal o suxeito ten unha maneira normal e natural de comportarse. Por conseguinte no sentido estrito prescinde da moralidade da conduta humana. Esta lei psicolóxica a que aludimos é un fundamento suficiente da certeza moral. Neste tipo de certeza debe aplicarse a analoxía, en virtude da cal non se dan propiamente especies de certeza, senón modos esencialmente diversos.
  • O problema da certeza libre. Aínda que a primeira vista o pareza, non é un pseudoproblema. Xa que o verdadeiro suxeito da certeza é o home. Hai que distinguir entre as verdades evidentes, e as verdades que só son evidentes. Con respecto a estas, parece necesario admitir que a certeza libre, é aquela na que se dan dous caracteres opostos; a evidencia da testemuña e a escuridade do enunciable.
  • A certeza da fe. Esta certeza relacionase coa certeza libre. Enténdese por fe a aceptación dunha testemuña. Aquí incide a cuestión da fe sobrenatural, cuxa problemática pertence case totalmente á teoloxía. No plano sobrenatural, a graza considerase como un dos elementos integrantes do suxeito da certeza e a graza de poder mover, e de feito move a vontade para que esta inflúa na adhesión da mente a verdade relevada.

O criterio de certeza editar

O criterio de certeza debe garantirnos que a firmeza subxectiva da nosa adhesión concorda coa evidencia obxectiva da verdade aceptada. A principal dificultade está en depurar o concepto de obxectividade. Este concepto admite uns grados de obxectividade que permite numerosas matizacións que poden dar á evidencia nas distintas escolas ou tendencias gnoseolóxicas.

Definicións particulares editar

Para a filosofía escolástica tradicional, é o estado firme da mente que se pega a unha verdade. Mentres que para a filosofía moderna, especialmente para a racionalista é o firme asentimento fundado na evidencia do obxecto.

Descartes editar

Descartes distingue dous tipos de certeza: A primeira é denominada moral, xa que di que é suficiente para regular as nosas costumes ou tan grande como a daquelas cousas das cales non acostumamos a dubidar, como por exemplo no que concirne a dirección da vida. Esta primeira certeza xorde da convención da vida social e non pode ser obxecto de demostración. O seu campo de aplicación e moi extenso e, ademais, non e fiable se se quere xustificar dunha forma distinta da convención, costume etc.

A outra é polo contrario fiable.

A outra clase de certeza é cando pensamos que non é en absoluto posible que a cousa sexa distinta de como nós a xulgamos. Está baseada nun principio da metafísica seguro, que é o que, sendo Deus soberanamente bo e fonte de toda verdade, xa que é el quen nos creou, é certo que o poder ou a facultade que nos deu para distinguir o que é verdadeiro do que é falso non se equivoca en absoluto, se a usamos ben, e que nos mostra que evidentemente unha cousa é verdadeira
Descartes

O campo de extensión desta segunda clase de certeza é inmenso: esténdese ao "coñecemento dos corpos do mundo", e a todo o que en relación ten que ver con estes corpos, pode ser demostrado, segundo Descartes polas matemáticas.

Kant editar

Kant di que a certeza vai acompañada da conciencia da necesidade.

Hegel editar

Hegel di que a certeza debese a actividade reflexiva do suxeito de saber, e que por iso expresa a posesión subxectiva dun saber, que é o resultado da identidade entre o individuo e o xeral. Tal identidade aparece na "na razón que observa" e a "realización da autoconciencia racional por si mesma". O problema da certeza e da verdade disólvese na afirmación da racionalidade do real e no concepto de espírito, que á súa vez recibe unha transparencia completa no saber absoluto. En resumo, idealmente, "a verdade non só é en si completamente igual a certeza, senón que tamén ten a figura da certeza de si mesma ou é no seu ser-alí, "é dicir, para o espírito que a sabe, na forma do saber de si mesmo".

As análises de Hegel e o materialismo dialéctico insisten sobre a transformación constante, indispensable segundo eles para que a certeza, satisfacción do coñecemento subxectivo, tenda indefinidamente cara á verdade, satisfacción do coñecemento obxectivo.

Lagneau editar

Lagneau di que a certeza é a disposición intelectual de quen se adhire firmemente o que considera verdadeiro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar