Ceredig ap Gwallog

Ceretic de Elmet, ou Ceredig ap Gwallog, foi o derradeiro rei de Elmet, un reino britano que existiu na zona de West Yorkshire da Britania setentrional durante a época posromana.

Infotaula de personaCeredig ap Gwallog
Biografía
Morte617 Editar o valor em Wikidata
Rei
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGwallog ap Llaennog Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Beda informa que Santa Hilda (nada en 614), membro da familia real de Deira, medrou na corte do rei Ceretic, despois de fuxir do usurpador northumbrio, Æthelfrith de Bernicia. Beda describe a Ceretic como "rei dos britóns", se cadra falaba só dos britanos desa zona. Cando Edwin de Deira volveu ao poder en 617, Ceretic foi expulsado, supostamente debido á complicidade no envelenamento do pai de Hilda, e o seu reino foi anexionado a Northumbria. Probabelmente fose el o Ceretic cuxa morte se recorda nos Annales Cambriae en 616 (que habería que corrixir a 617 ou pouco despois)[1]. Pénsase xeralmente que é o mesmo que o Ceredig ap Gwallog, un 'Home do Norte', cuxo pai, Gwallog ap Llaennog, é asociado con Elmet polo poeta Taliesin.

Notas editar

  1. J. Morris (ed.), Nennius, British History, and the Welsh Annals (Phillimore, 1980), p. 86: 616 an: Ceretic obiit.