Centro de Educación Secundaria Valdosta


Coordenadas: 30°52′47″N 83°15′49″O / 30.879687, -83.263598

O Centro de Educación Secundaria Valdosta é un centro público de educación secundaria localizado en Valdosta, Xeorxia, Estados Unidos. As cores da escola son dourado e negro. A mascota da escola é o Gato montés.

Colexio editar

O Centro de Educación Secundaria Valdosta (VHS) atende os cursos de 9-12 no Valdosta City School District. O Centro de Educación Secundaria Valdosta ofrece unha ampla gama de eleccións académicas, dende centros de formación profesional, preparatorio para a universidade, cursos de nivel avanzado e un programa de Bacharelato Internacional. O Centro de Educación Secundaria Valdosta é a sede de 31 facultades con clubs patrocinados que inclúe Key Club, FBLA, DECA, Model UN, Ciencia e Xornalismo. O equipo de Valdosta gañou o campionato rexional 2009 e gañou o Academic Bowl rexional 4 dos últimos 5 anos.O VHS estaba completamente integrado en 1969 cando os estudantes do Centro de Educación Secundaria Pinevale estaban xunto cos do Centro de Educación Secundaria Valdosta. Aínda que a completa integración non ocorreu ata 1969, os primeiros estudantes afroamericanos asistiron ao VHS en 1965, moi por diante da maioría dos Centros de Educación Secundaria do Estado. (A completa integración foi alcanzable ao unir dous institutos nun, causando unha gran masificación, e en 1971 o Centro de Educación Secundaria Valdosta tiña 1400 estudantes nun edificio deseñado para 700). O actual centro inaugurouse en 1973; substituíndo ó vello edificio Williams Street, o cal servía como centro de educación secundaria Valdosta dende 1922 e queimouse completamente en 1977. J.L.Newer e o colexio de ensinanza media Valdosta son dúas das principais escolas que aportan alumnos ao VHS.

Deporte editar

Fútbol americano editar

O Centro de Educación Secundaria Valdosta é a sede dos maiores gañadores nos Estados Unidos cun récord de 861 vitorias, 202 derrotas e 31 empates cunha porcentaxe de vitorias do 78.6% ata o 26 de novembro do 2010.[1] Entre 1913-2010, os Gatos salvaxes gañaron 6 campionatos nacionais, 23 campionatos estatais e 40 campionatos rexionais. O VHS xoga como local no Bazemore-Hyder Stadium. Localizado no centro de Valdosta. O rival da cidade o Lowndes High School ten tamén un gran palmarés, son gañadores de 5 campionatos estatais (1980, 1999, 2004, 2005 e 2007).[1] Dende 1968 os rexistros dos Gatos monteses contra Lowndes County son de 33-16 sen empates, cunha puntuación de 20.9 ppg contra 10.1 ppg de Lowndes County. Porén os Gatos Monteses tiveron unha racha perdedora de 7 anos ata o seu 21-17, co que gañaron no 2011. En 2001 o adestrador de fútbol americano do VHS, Mike O'Brien dixo nunha conferencia nacional de adestradores:

O noso equipo ten 86 anos e tivo 12 adestradores. Só tivemos unha porcentaxe de vitorias por debaixo do 50% cinco dos 86 anos. Acumulamos 39 campionatos rexionais, 23 estatais e 6 campionatos nacionais. Isto é un pequeno feito para axudarvos a entender o forte que é a nosa rexión. Un equipo da nosa rexión gañou ou xogou un campionato estatal 40 dos últimos 52 anos. Valdosta é o equipo de fútbol americano dun centro de educación máis exitoso. O noso record é 782-160-33. Para poñer isto nunha mellor perspectiva para vós, deberíamos perder todos os partidos dos próximos 60 anos e aínda así teríamos un porcentaxe de vitorias do 50%. Por suposto se isto ocorrera non sería adestrador moito tempo.

No verán de 2008 debido en parte ao éxito de atletismo da VHS,Valdosta,Xeorxia foi presentada no ESPN como un candidato para Titletown USA.[2] TitleTown USA foi un segmento dun mes no ESPN que empezaba na primavera de 2008 e continuaba ata xuño. As cidades nomeadas a través do país baséandose no seu pedigree de campións. Un panel revisaba os candidatos e os afeccionados votaban en maio para determinar os 20 finalistas SportsCenter visitaba cada cidade en xulio e os afeccionados votaban do 23 ao 27 de xuño, determinando o vencedor.[3] O 28 de xuño de 2008 Valdosta foi nomeada Titletown, EEUU por ESPN.

Baloncesto editar

En 2008 o equipo de baloncesto do VHS foi un dos máis exitosos equipos de baloncesto do VHS e tamén un dos mellores do estado de Xeorxia, cun balance de 28-2. O equipo foi adestrado por Rufus Mcduffie, que previamente adestrou ao equipo do centro de educación secundaria Mitchell Baker co que gañou 5 campionatos estatais.

Golf editar

Os rapaces do equipo de golf do VHS gañaron seis campionatos estatais consecutivos na década dos 50. Valdosta gañou tres títulos estatais en Clase A (1954, 1955, 1956), dous en Clase AA (1957, 1958) e un título en Clase AAA (1959).[4] O equipo de golf gañou sete campionatos rexionais (1959, 1961, 1970, 1977, 2002, 2003).[5]

As rapazas do equipo de golf foron tamén campioas rexionais catro veces (2000, 2002, 2004, 2005).[5]

Música editar

A banda "Marchin' Cats" é o grupo máis coñecido do Centro de Educación Secundaria Valdosta. Os Marchin' Cats teñen unha historia de éxito, comezando polo seu anterior e recoñecido director nacional, Frank Butenschon. Butenschon conduciu ós Marchin's Cats a numerosos campos nacionais, campionatos de desfiles e competicións durante o seu período como director da banda. Os Marchin' Cats están agora baixo a dirección de Michael Thomas. Dende a chegada de Thomas no 2006, os Marchin's Cats gañaron cinco grandes competicións nos seus anos na escola. A súa última vitoria foi na Battle On The Border en Lowndes County, o 22 de outubro do 2011.

Thomas tamén levou o conxunto musical de vento, o cal recibiu a mellor posición na Georgia Large Group Performance Evaluations en Waicross, Xeorxia e despois Jesup, Xeorxia. No 2006 o conxunto musical de vento actuou no Heritage Festival en Nova York, recibindo altas valoracións e un 2º posto total na categoría de concertos de bandas. No 2007 o conxunto musical actuou no Music USA Festival en Orlando, Florida, recibindo altas valoracións tan boas como o conxunto de bandas campeoas. Consecuentemente o conxunto musical representou o nivel 6 de música, o cal é o máis estimulante no estado de Xeorxia.

O conxunto musical de jazz esta baixo a dirección do trompetista e vocalista Andrew Hill. O conxunto musical de jazz actúa en eventos no estado de Xeorxia, incluídos: o ABAC Jazz Festival, o Waycross Jazz festival, clubs do país e eventos sociais no sur de Xeorxia. A súa selección musical inclúe Swing, música latina, bebop, funk, rock e big band.

No 2008 o programa musical do VHS engadiu un conxunto musical de percusión interior conducido polo instrutor de percusión Ted Tudner. Está agora dirixido por Travis Downs. No seu primeiro ano de conxunto musical de percusión gañou un premio mellor da clase na categoría principiante do Ware County festival de percusión e competición e tamén participou nun festival no circuíto de Florida

Alumnos importantes editar

Notas editar

  1. "National High School Sports Record Book" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2009. Consultado o 03 de outubro de 2012. 
  2. "Titletown" (English). Consultado o 2008-07-24. 
  3. "ESPN - TitleTown USA - SportsCenter". Consultado o 2009-11-11. 
  4. http://www.ghsa.net/ghsa-boys-golf-champions
  5. 5,0 5,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 03 de outubro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar