Celia Cruz

cantante cubana

Úrsula Hilaria Celia Caridad Cruz Alfonso de la Santísima Trinidad, máis coñecida como Celia Cruz, nada na Habana o 21 de outubro de 1925 e finada en Fort Lee, Nova Jersey, o 16 de xullo de 2003, foi unha cantante cubana de salsa que pasou a meirande parte da súa carreira vivindo e traballando nos Estados Unidos.

Infotaula de personaCelia Cruz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Úrsula Hilaria Celia de la Caridad de la Santísima Trinidad Cruz Alfonso Editar o valor em Wikidata
21 de outubro de 1925 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xullo de 2003 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Fort Lee, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Woodlawn Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1948 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRumba e Salsa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
TesituraContralto Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music
Tico Records (en) Traducir
Fania Records
Seeco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePedro Knight (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0190272 Allocine: 31223 Allmovie: p16016 TV.com: people/celia-cruz
Facebook: CeliaCruzOficial Twitter: CeliaCruzLegacy Spotify: 2weA6hhVqTIN2gSn9PUB9U iTunes: 105181 Last fm: Celia+Cruz Musicbrainz: 7b8e1188-9ca4-4aa5-8393-172de6fa04de Songkick: 289320 Discogs: 99729 Allmusic: mn0000186312 Find a Grave: 7691977 Deezer: 5024 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixe e comezos editar

A estrela de salsa Celia Cruz estudou teoría de voz e música no Conservatorio de Música na Habana, comezando a súa carreira na radio e a televisión no Caribe.

A música foi importante para ela desde a infancia, pero a súa carreira musical viu de sorpresa. Estaba estudando como profesora cando un curmán motivouna a continuar coa música. Unha entre 14 irmáns, Cruz explicou que adoitaba cantar para durmir aos seus irmáns, e a xente adoitaba chegar á porta ao oír a súa voz. O seu curmán notou que tiña talento, e cantou un tango nunha radio local e gañou un premio, iniciando así a súa carreira.

En 1947 recibiu o primeiro recoñecemento do seu talento na Habana. Pouco despois, formou parte do Conservatorio de Música Nacional, onde estudou teoría musical, voz e piano. Pronto a súa música estaba presente nas radios, cine e televisións.

La Sonora Matancera editar

A principios dos anos 50, uniuse ao lendario grupo "La Sonora Matancera", e xuntos escribiron uns dos capítulos máis memorables da música Afrocubana. O 15 de xullo de 1960, deixou o seu país natal polos Estados Unidos, onde continuou facendo historia. Nesa década, gravou varios álbums co mestre Perico Ponte e xuntos suscitaron un interese pola salsa entre audiencias Inglesas e Europeas, con cancións como La Bamba. Este fenómeno coñeceuse como "A Salsa dos Setenta". As súas colaboracións con outros mestres, tales como Johnny Pachecho, Willie Colón e as Fania All Stars son tamén memorables.

Distincións e recoñecemento editar

Foi honrada con estrelas e seccións de rúas nalgunhas das avenidas mais visitadas do mundo. En 1987, Hollywood honrouna cunha estrela no Paseo da Fama; un honor que tamén recibiu noutras beirarrúas de celebridades, tal como a de San José, Costa Rica e a Praza Galería na Cidade de México.

Malia que recibiu moitas distincións, os noventa marcaron un período moi especial na súa carreira. Nesta década, a "Smithsonian Institution" deulle un Recoñecemento de Logros dunha Vida, a República de Colombia a premiou coa Medalla Presidencial en Artes, recibiu o prestixioso Recoñecemento de Logros dunha Vida dos Premios de Herdanza Hispana, e a cidade de San Francisco declarou en 1997, o 25 de outubro como o "Día de Celia Cruz", para nomear algúns.

Un dos momentos máis memorables na súa vida foi en 1994, cando na Casa Branca, recibiu do Presidente dos Estados Unidos, Bill Clinton, o honor máis alto que este país lle da a un artista: a Dotación Nacional das Artes.

Cruz, quen combina un resaltado control tonal, intensidade pasional e coquetería, converteuse nun sinónimo da salsa e da cultura Cubana. Gravou ao redor de 75 discos e gañou unha cantidade respectable de premios, incluíndo un Grammy. Foi unha elección obvia para aparecer na versión cinematográfica da novela de Oscar Hijuelos, "Os Reis do Mambo Tocan Cancións De Amor", xunto co rei do mambo Perico Ponte. O seu traballo con Ponte veuse dando desde os anos 50, cando aínda estaba en Cuba.

Non está exactamente claro cando a comezaron a chamar "A Raíña da Salsa", pero ela levou o título con clase e distinción. Celia gravou cunhas das persoas máis importantes no mundo da música: Dionne Warwick, Patti Labelle, David Byrne, Gloria Estefan, Wyclef Jean. Xa que o seu talento transcende xeracións e gustos, tamén tocou con grupos de rock tales como os Fabulosos Cadilacs e Jarabe de Palo.

A súa voz, talento e carisma xuntos produciron unha das máis impresionantes historias musicais. Vale mencionar que máis de 70 álbums déronlle unha boa cantidade de discos de ouro e platino, ademais de máis de 100 premios de institucións prestixiosas ao redor do mundo. Recibiu 12 nomeamentos ao Grammy, gañándoo por primeira vez en 1989.

Celia Cruz recibiu tres títulos honorarios das seguintes universidades dos Estados Unidos: Yale, a Universidade Internacional de Florida e a Universidade de Miami. Tamén apareceu nunhas 10 películas, cos Reis do Mambo e a Familia Pérez entre as máis recentes.

Malia todo o seu talento e os premios que recibiu, Celia Cruz era incriblemente humilde e a súa felicidade contaxiosa. Estas son as cualidades que utilizou para escribir un dos capítulos máis importantes na historia da música Afrocubana e mundial, e transformándose na maior representante deste xénero de música, e a máis notable embaixadora da cultura Hispana no mundo enteiro.

Últimos anos editar

Sony Records anunciou que sairía á venda o segundo álbum que Cruz gravara para esa compañía, A Negra Ten Tumbao, o 25 de setembro do 2001. A raíña da Salsa regresou posteriormente para deixar o seu segundo álbum baixo a marca de Sony Music. O último álbum saíu á venda no ano 2000 e estaba dedicado ao lendario artista portorriqueño, Perico Ponte.

Aos 78 anos, Cruz faleceu o 16 de xullo de 2003 dun tumor cerebral. Deixou un legado que impactou fortemente na música de Porto Rico e toda Latinoamérica.