Celestino Pérez Andrade

xornalista e político galego

Celestino Pérez Andrade, nado en Ortigueira cara a 1866 e finado en Ribadeo en 1929, foi un xornalista e político galego.

Infotaula de personaCelestino Pérez Andrade
Biografía
Nacemento1866 Editar o valor em Wikidata
Ortigueira, España Editar o valor em Wikidata
Morte1929 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLino Pérez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de José Pérez e Lina Andrade. Comerciante en sombreirería,[1] instalouse en Ribadeo, onde foi secretario da sociedade obreira La Prosperidad,[2] e fundou e dirixiu La Voz del Pueblo desde o que realizou campañas anticaciquís e sostivo polémicas sobre relixión e clericalismo coas autoridades eclesiásticas do bispado de Mondoñedo. Foi tamén fundador de El Eco Mercantil. Tomou parte como orador na campaña de propaganda republicano-socialista por Galicia e Asturias con Virginia González Llaneza e Facundo Perezagua. Colaborou co seu xenro Francisco Lanza en La Comarca escribindo artigos baixo os pseudónimos El Montañés ou Un labrador gallego. Foi procesado por inxurias e calumnias a un funcionario público en 1913,[3][4] Foi condenado a tres anos, seis meses e vinte e un días de desterro e unha multa de 250 pesetas pola Audiencia de Lugo o 13 de agosto de 1913.[5] Foi un dos promotores da Casa del Pueblo de Ribadeo. Finou en Ribadeo en 1929.[6][7]

Vida persoal editar

Casou con Ramona Fernández Soto e foi pai de Lino Pérez Fernández e Rosa Pérez Fernández, que casou con Francisco Lanza Álvarez.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 20-12-1894, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 17-12-1908, p. 2.
  3. La Voz de la Verdad, 2-10-1913, p. 2.
  4. El Norte de Galicia, 30-10-1914, p. 3.
  5. BOE, Anexo II, 22-5-1915, p. 742.
  6. Correo de Galicia, 20-10-1929, p. 2.
  7. Céltiga, 25-10-1929, p. 22.