Celestino Madrigal Estévez
xornalista español
Celestino Madrigal Estévez, nado en Pontevedra e finado en Vigo en xuño de 1901[1], foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra, España |
Morte | xuño de 1901 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Foi redactor de El Anunciador de Pontevedra do que chegou a ser director uns anos. Marchou a Madrid, onde formou parte da redacción de Madrid Artístico. Volveu a Galicia, conseguiu unha praza de auxiliar de intervención de Facenda e instalouse en Vigo, onde foi redactor de El Independiente e correspondente de El Imparcial de Madrid[2].
Notas editar
- ↑ El Diario de Pontevedra, 4-7-1901, p. 3.
- ↑ Gaceta de Galicia, 29-6-1899, p. 2.