A celestina (do latín caelestis que significa celeste, en alusión a súa cor) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é SrSO4 (contén un 56% de SrO e un 44% de SO3).

Celestina
Drusa de celestina
Fórmula químicaSrSO4
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoRómbico
CorCeleste, branca e gris
BrilloVítreo
Dureza3-3,5
FracturaIrregular
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade3,95-3,97 g/cm3

Aspecto editar

A celestina preséntase a miúdo en forma de cristais tabulares ou tamén de forma acicular. Moitos exemplares presentan unha cor azul clara moi característica.

Lugares onde se atopa editar

Atópase con frecuencia en rochas calcarias e areniscas, revestindo cavidades en forma de xeodas ou en filóns hidrotermais en forma de drusas asociada en ocasións con pirita, calcita ou barita

É un mineral moi estendido en España, sendo fácil atopalo en case que tódalas rexións da península.

Usos da celestina editar

A celestina é unha fonte importante da que obter nitrato de estroncio, que logo é usado para a fabricación de fogos artificiais na industria pirotécnica.

Úsase tamén na industria da enerxía nuclear.

Propiedades editar

A celestina é un mineral que presenta unha temperatura de fusión moi baixa.

Outros sulfatos editar

A anhidrita e o xeso son outros minerais importantes da clase dos sulfatos.