Cefotaxima

composto químico

Cefotaxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Claforan.

Cefotaxima
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Espectro de acción editar

Cefotaxima posúe un amplo espectro de actividade, que abrangue bacterias grampositivas (Staphylococcus e Streptococcus), gramnegativas (Escherichia coli, Citrobacter, Klebsiella, Enterobacter aerogenes, Serratia marcescens, Proteus, Haemophilus influenzae, Neisseria gonorrhoeae, Neisseria meningitidis, Moraxella catarrhalis). Tamén presenta actividade fronte anaerobios (Bacteroides, Peptococcus, Peptostreptococcus, Fusobacterium).

Resistencia editar

Cefotaxima adoita ser resistente á hidrólise por beta-lactamases de tipo I, II, III, IV e V. Adoita ser resistente ás penicilinasas producidas por Staphylococcus aureus. Porén, as beta-lactamases producidas por Bacteroides fragilis, Proteus vulgaris, Citrobacter, Enterobacter, Pseudomonas e Serratia poden inactivar a cefotaxima. Do mesmo xeito, as beta-lactamases de expectro estendido (BLEE) producidas por outras enterobacterias poden degradar a cefotaxima[1].

Indicacións clínicas editar

En España, a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios aprobou as seguintes indicacións:

Dosificación editar

Soamente existe formulación inxectable (intramuscular ou intravenosa). A dose oscila entre 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. Debe ser reducida en insuficiencia renal e en poboación pediátrica[2].

Embarazo e lactación editar

Cefotaxima pertence á categoría B da FDA. Secrétase en pequenas cantidades no leite materno, polo que se recomenda precaución no seu emprego[3].

Interaccións medicamentosas editar

Incompatible na mesma solución con aminoglicósidos, metronidazol e bicarbonato de sodio. Pode interferir na medición de niveis de teofilina2.

Notas editar

  1. "Ficha técnica de "cefotaxima" da AEMPS" (PDF) (en Castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2018. Consultado o 16 setembro 2018. 
  2. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  3. "Ficha técnica de "cefotaxima" da FDA" (PDF) (en inglés). Consultado o 16 setembro 2018.