Cefonicid

composto químico

Cefonicid é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración das cefalosporinas. En España foi comercializada baixo o nome de Monocid.

Cefonicid
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Espectro de acción editar

Cefonicid presenta actividade fronte a bacterias grampositivas (Streptococcus pneumoniae, Streptococcus pyogenes, Staphylococcus, Streptococcus agalactiae e Peptococcus) e bacterias gramnegativas (Haemophilus influenzae, Escherichia coli, Citrobacter, Enterobacter, Klebsiella, Neisseria gonorrhoeae, Proteus mirabilis, Providencia rettgerii, Morganella morganii). As especies de Bacteroides e Pseudomonas adoitan ser resistentes[1].

Dosificación editar

Existe unha única formulación que se pode administrar por vía intravenosa ou intramuscular. A dose convencional é de 1 gramo cada 24 horas. A dose debe ser reducida en insuficiencia renal (filtrado menor de 30) e en poboación pediátrica.

Embarazo e lactación editar

En estudos experimentais cefonicid non causou danos nos fetos. Non se experimentou en mulleres humanas. Excrétase en pequenas cantidades no leite materno polo que se recomenda precaución no seu uso.

Notas editar

  1. "Ficha técnica de "cefonicid" da AEMPS" (PDF) (en Castelán). 2001. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de setembro de 2018. Consultado o 14 setembro 2018.