Cedric Maxwell

baloncestista estadounidense

Cedric Bryan "Cornbread" Maxwell, nado o 21 de novembro de 1955 en Kinston, Carolina do Norte, é un antigo xogador profesional de baloncesto da NBA.

Cedric Maxwell
Posición Ala
Dorsal 30, 31, 19, 18
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Nacemento 21 de novembro de 1955 (68 anos)
Kinston, Carolina do Norte
Carreira
Universidade UNC Charlotte
NBA Draft 1977 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Boston Celtics
Tempadas 19771988
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     10 465 (12,5 pp)
Rebotes     5 261 (6,3 pp)
Asistencias     1 862 (2,2 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria editar

Maxwell (coñecido polos seus compañeiros de equipo como "Max" ou "Cornbread") foi unha estrela na Universidade de UNC Charlotte. Nos 49ers, "Max" converteuse no sexto máximo anotador da historia da universidade e o seu dorsal 33 foi retirado en 1977, cando liderou ao seu equipo á Final Four da NCAA. Tras completar a súa carreira en Charlotte, foi elixido no Draft de 1977 na 6ª posición por Boston Celtics, onde xogaría oito do seu once tempadas na NBA.

Maxwell foi lembrado por ser un eficiente tirador e pola súa fiabilidade a final dos partidos, especialmente en playoffs. A pesar de xogar en Boston con estrelas do calibre de Larry Bird, Kevin McHale e Robert Parish, foi nomeado MVP das Finais de 1981. Tres anos máis tarde, Maxwell anotou 24 puntos aos Angeles Lakers no decisivo partido e último partido das Finais de 1984 para levar o anel a Massachusetts. O 6 de setembro de 1985 foi traspasado xunto cunha rolda de draft a Los Angeles Clippers a cambio de Bill Walton. O 15 de decembro de 2003, Boston Celtics retiroulle o dorsal 31 en honra as súas grandes contribucións nos aneis de 1981 e 1984.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar