Cecil Frank Powell

físico británico

Cecil Frank Powell, nado o 5 de decembro de 1903 e finado o 9 de agosto de 1969, foi un físico británico.

Cecil Frank Powell
Datos persoais
Nome completoCecil Frank Powell
Nacemento5 de decembro de 1903
LugarTonbridge, Kent, Inglaterra
Falecemento9 de agosto de 1969
LugarBellano, Lombardía, Italia
NacionalidadeReino Unido
CónxuxeIsobel Artner
Actividade
CampoFísica
Alma máterUniversidade de Cambridge, Universidade de Bristol, Sidney Sussex College e The Judd School
Director de teseErnest Rutherford, Ralph H. Fowler e Charles Thomson Rees Wilson
Contribucións e premios
PremiosPremio Nobel de Física en 1950
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Powell foi galardoado co Premio Nobel de Física en 1950 polo seu desenvolvemento do método fotográfico de estudar os procesos nucleares e polo resultante descubrimento do pión (pi-mesón), unha partícula subatómica pesada. Os seus colaboradores no estudo, publicado en 1947, foron Giuseppe Occhialini, H. Muirhead e o mozo físico brasileiro César Lattes. O pión demostrou ser a partícula hipotética proposta en 1935 por Yukawa Hideki do Xapón na súa teoría de física nuclear.

Powell tamén foi galardoado coa Medalla de Ouro Lomonosov en 1967, e foi un asinante do Manifesto Russell-Einstein en 1955. Foi educado na Judd School, Tonbridge e o Sidney Sussex College, Cambridge.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.