Caudal ecolóxico

O caudal ecolóxico, referido a un río ou a calquera outro leito de auga corrente, é o caudal mínimo que debe manterse nun curso fluvial ó construír unha presa hidráulica, na captación ou derivación, de forma que non se alteren as condicións naturais do biótopo e se garanta o desenvolvemento da vida fluvial de igual xeito á que existira anteriormente, como:

Encoro de Mequinenza, Zaragoza.
Encoro de Caldas

A determinación do caudal ecolóxico dun río ou arroio se fai segundo un coidadoso análise das necesidades mínimas dos ecosistemas existentes no área de influencia da estrutura hidráulica que, dalgunha forma, vai a modificar o caudal natural do río ou arroio.

Métodos para determinar os requirimentos do caudal editar

Desenvolvéronse numerosos métodos para determinar os requirimentos do caudal dos ecosistemas. Os máis coñecidos son os métodos hidrolóxicos ou estatísticos, que determinan o caudal mínimo ecolóxico a través do estudo dos datos de caudais. Na práctica, a fixación duns caudais ecolóxicos faise baseándose en dous tipos de criterios:

  • A análise dos réximes de caudais históricos.
  • A análise da variación do hábitat cos caudais circulantes.

Metodoloxía en Galicia editar

Os criterios de elección dos caudais deben ser os seguintes (segundo un estudo amparado pola Xunta e asinado por Eafor S.L)

  • En ningunha época do ano o caudal será inferior ó caudal medio de estiaxe, entendendo como tal o valor medio dos caudais medios interanuais de xulio, agosto e setembro. O caudal mínimo absoluto será o caudal natural de estiaxe, mantido só durante xulio, agosto e setembro; nunca circularán caudais menores có caudal mínimo absoluto. Nota: este criterio (o 10% da anchura real) no se considera aplicable ós ríos galegos.
  • Na época da freza se fixará o caudal óptimo de freza, superior ó 10% actual.
  • O resto do ano se procurará cumprir as condicións mínimas ou óptimas, segundo os casos, de forma que se obteña unha anchura ponderada útil suficiente.
  • Simularase unha crecida outonal para estimular a migración de salmónidos, como especies principais dos ríos galegos, procurando unha profundidade media de cando menos 35 cm. naquelas seccións máis limitantes para o paso.
  • Mantemento de caudal suficiente para a época de desenvolvemento embrionario (en función da anchura ponderada útil para estas fases) e migración de baixadas posteriores á freza (en función dunha profundidade media suficiente).
  • Se terán en conta o posible aumento de temperatura (en función da orientación e o grado de sombreado), a concentración de efluentes (en función do número e tipo de verteduras existentes) e o avance de ciprínidos debidos ás detraccións de caudal.

O criterio do 10% en Galicia editar

Este caudal ecológico, segundo un informe procedente da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e demostrado pola Xunta de Galicia, é erróneo e insuficiente, xa que:

  • Os ríos galegos teñen un marcado réxime pluvial con máximos invernais e mínimos estivais.
  • Os ríos teñen altos coeficientes de escorrentías e pouca capacidade de retención.
  • Non se garante a permanencia do salmónidos e a troita.
  • Hai un descoñecemento total sobre a migración reprodutora, que se estimula cun caudal grande.
  • As enchentes naturais limpan os leitos dos depósitos e acumúlanse oucas e vexetación.
  • Hai un gran descoñecemento sobre a existencia doutras comunidades integrantes no ecosistema acuático. Os macroinvertebrados son a fonte de alimento dos peixes. Un caudal mínimo deste estilo remata con eles.
  • A crenza de que un caudal ecolóxico pode ser o estiaxe, xa que se produce tódolos anos, non é correcto. A detracción do caudal produce cambios no substrato, na calidade fisicoquímica das augas, e no aumento da temperatura. Isto leva ó aumento dos ciprínidos e a desaparición dos salmónidos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar