Catherine McCormack

actriz británica

Catherine Jane McCormack,[1] nada en Epsom, Surrey, Inglaterra[2] o 3 de abril de 1972,[1][2] é unha actriz británica coñecida polas súas aparicións en filmes como Braveheart, Xogo de espías e Dangerous Beauty.

Infotaula de personaCatherine McCormack
Biografía
Nacemento(en-gb) Catherine Jane McCormack Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Epsom, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónOxford School of Drama (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,7 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Cor do peloHazel hair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , produtora , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001517 Allocine: 3086 Rottentomatoes: celebrity/catherine_mccormack Allmovie: p196968 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A pesar de nacer en Inglaterra ten ascendencia irlandesa por parte dun dos seus avós.[3] A súa nai morreu de lupus cando tiña só seis anos e o seu pai que era obreiro metalúrxico tivo que encargarse el só dela e do seu irmán Stephen.[4]

McCormack foi educada segundo a moral da relixión católica,[5] aínda que actualmente defínese como unha "católica caducada". Foi ó convento da Nosa Señora da Providencia e posteriormente estudou na escola de arte dramática de Oxford.[6]

Cine editar

O primeiro papel notable de McCormack foi como Murron MacClannough no filme gañador de varios premios Oscar, Braveheart. Porén, o seu debut na pantalla foi como protagonista do filme ''Loaded'' dirixido por Anna Campion, e posterirmente declarou que fora unha época "miserable coa directora (Anna Campion)... era o meu primeiro traballo nun filme, tiña que estar entre algodóns, tiñamos que ser axudados a través dela, e non foi así. Sobre todo, foi unha experiencia horrible".[4] Despois de Braveheart, McCormack fixo papeis principais en Northstar de Nil Gaup e Dangerous Beauty de Marshall Herskovitz. Outros filmes son Xogo de espías e 28 Weeks Later. A pesar da demanda dos directores, fai poucos filmes, afirmando que "lin moitos guións e moi poucos me apaixonan... Se cadra un de cada vinte ou trinta anos".[7]

Teatro editar

McCormack sempre mostrou unha preferencia cara ao teatro ó longo da súa traxectoria.[4] Foi unha das elixidas para o elenco orixinal londiniense da obra de Patrick Barlow The 39 Steps.[8] No 2008, interpretou o papel de Nora en A Doll's House,[9] dirixida por Peter Hall no Teatro Real de Bath, así como o papel de Isabel Archer na adaptación teatral de The Portrait of a Lady,[10] os cales comezaron en xullo de 2008 e finalizaron en agosto.

No 2009 apareceu na xira británica da adaptación de Headlong Six Characters in Search of an Author. En 2012, intepretou a Juana Inés de la Cruz na produción da Royal Shakespeare Company da obra The Heresy of Love.[11]

Nomeamentos editar

Foi nomeada polos premios teatrais Laurence Olivier Awards no 2001 polo mellor papel secundario feminino en All My Sons no Real Teatro Nacional de Cottesloe Stage.

Filmografía editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Ms Catherine Jane McCormack company-director-check.co.uk. Consultado o 1 de abril de 2012.
  2. 2,0 2,1 "20 Questions With ... Catherine McCormack" whatsonstage.com (8 de febreiro de 2012). Consultado o 1 de abril de 2012.
  3. "Catherine McCormack — Life after Braveheart". Macbraveheart.co.uk. 29 de maio de 2001. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Duerden, Nick. Catherine McCormack: The play's the thing, The Independent, 10 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2009.
  5. "Catherine McCormack - Actress in Braveheart - Esquire". Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2009. Consultado o 29 de setembro de 2009. , Esquire, 30 de novembro de 2002. Consultado o 29 de setembro de 2009.
  6. "Catherine McCormack Biography — Yahoo! Movies". Movies.yahoo.com. 1 de xaneiro de 1972. Consultado o 5 de maio de 2010. 
  7. Blackwelder, Rob. UNRECOGNIZED 'BEAUTY': The surprising off-screen Catherine McCormack Arquivado 3 de marzo de 2016 en Wayback Machine., SPLICEDwire, 6 de febreiro de 1998. Consultado o 29 de setembro de 2009.
  8. Cavendish, Dominic. Irreverent romp down the nostalgia track, The Telegraph, 18 de agosto de 2006. Consultado o 29 de setembro de 2009.
  9. Theatre Royal – A Doll's House Arquivado 19 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  10. Theatre Royal – The Portrait of a Lady Arquivado 19 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  11. "The Heresy of Love - By Helen Edmundson - Royal Shakespeare Company". www.rsc.org.uk.