Catherine Labouré

Catherine Labouré, nada en Fain-lès-Moutiers (Borgoña) o 2 de maio de 1806 e finada en París o 31 de decembro de 1876, foi unha relixiosa francesa, nomeada santa pola Igrexa católica, segundo a cal foi testemuña das aparicións da Virxe María na rue du Bac en París. Deu orixe á Medalla Milagrosa levada por moitas persoas católicas na actualidade.

Infotaula de personaCatherine Labouré

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1806 Editar o valor em Wikidata
Fain-lès-Moutiers, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1876 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
12.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelixión, catolicismo e monastic life (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónrelixiosa católica , monxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCompañía das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa8 de febreiro
31 de decembro Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 3244 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi a oitava dos dez fillos do granxeiro Pierre Labouré. A nai morreu cando ela tiña 9 anos. Pierre suxeriulle á súa irmá que coidara os dous nenos máis novos, Catherine e Tonine. Ao ela aceptar, os irmáns marcharon canda súa tía a Sant-Rémy, unha aldea a 9 km do seu fogar.

Catherine ingresou á Congregación das Fillas da Caridade, unha orde de enfermeiras que fundara San Vicente de Paúl. Era extremadamente devota, dunha natureza algo romántica e dada ás visións e premonicións.

Catherine afirmou que na noite do 19 de xullo de 1830, na festa de San Vicente de Paúl, espertou logo de oír unha voz dun neno que a chamaba á capela. Alí, ela oíu a Virxe María dicirlle:

"Deus desexa encargarche unha misión. Non te crerán, pero non temas; ti terás a graza para facer o que é necesario. Dille ó teu director espiritual todo que pasa dentro de ti. Os tempos son malvados en Francia e no mundo."

O 27 de novembro de 1830, Catherine divulgou que a Virxe María volvera durante meditacións da tarde. Aparecera dentro dun marco oval, parada sobre un globo, con moitos aneis de cores de onde saían raios da luz sobre o globo. Arredor deste apareceron as palabras "Oh María, sen pecado concibida, roga por nós que acudimos a ti".