Catherine foi unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de Chicago, Illinois activa entre os anos 1985 e 1998.

Catherine
OrixeChicago, Illinois,
Período1985 - 1998
Xénero(s)rock alternativo, post-grunge, indie rock, shoegaze
Selo(s) discográfico(s)Limited Potential, TVT, Scratchie Records
MembrosMark Rew
Kerry Brown
Keith Brown
Neil Jendon
Jerome Brown
Scott Evers
Todd Tatnall
Cliff Fox
D'arcy Wretzky
Na rede
http://pages.prodigy.net/heutchy/cadisc.htm
Musicbrainz: 337afbcb-ee6d-4f7e-93b0-df5ef2817391 Songkick: 449847 Discogs: 343188 Genius: Catherine-band Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Primeiros anos editar

Nas primeiras fases da súa carreira, a banda foi frecuentemente rexeitada por ser "pouco máis que unha imitación de segunda categoría de The Smashing Pumpkins". O feito de que o batería Kerry Brown estivese casada con D'arcy, baixista dos Pumpkins, fixo pouco para debilitar este argumento, xunto co feito de que ambas bandas se pedían membros mutuamente para as súas gravacións de estudio. A pesar de que as súas primeiras edicións tiñan un certo parecido a The Smashing Pumpkins, Catherine finalmente desenvolveu o seu propio son co paso do tempo.[1]

A formación orixinal da banda pouco a pouco foise reunindo durante os últimos anos dos 80 e os primeiros dos 90. Xunto cunha caixa de ritmos, os dous primeiros membros da banda, Neil Jendon e Jerome Brown (os encargados de bautizala), aos que se lle uniu o baixista Cliff Fox, lanzaron o seu primeiro sinxelo "Sparkle/Charmed" a través do selo local Limited Potential.[1]

Estrea en público editar

Coa chegada do batería Kerry Brown (sen relación algunha con Jerome Brown) pouco despois, deixaron de lado a caixa de ritmos. O novo guitarrista Mark Rew tamén se uniu a eles, e o grupo editou o EP Sleepy, producido por Billy Corgan, en 1993. O EP foi vendido en tendas da universidade, e levou ao grupo a asinar con TVT para a edición do seu álbum de estrea, Sorry!, ese mesmo ano. Debido ás limitacións da xira, Fox deixou o grupo pouco despois da edición de Sorry! e foi substituído por Keith Brown (o irmán de Kerry). A xira de promoción do álbum fixo que a banda actuase como abreconcertos de bandas como The Smashing Pumpkins, Hole, Suede, Dig e Letters to Cleo. Como resultado desta exposición Sorry! converteuse nun éxito nas universidades.[1]

En 1996 os fundadores Neil Jendon e Jerome Brown abandonaron a banda, deixando a Mark Rew e a Kerry Brown como principais vocalista e compositores no último lanzamento de Catherine, Hot Saki and Bedtime Stories.[1] O baixista Keith Brown tamén axudou compoñendo temas para o disco. Mentres mesturaban o traballo en Chicago, a banda coñeceu ao técnico de son Todd Tatnall, e posteriormente o recrutarían para tocar a percusión e os teclados na xira. A banda tamén recrutou a Scott "Fever" Evers (antigo baixista de Urge Overkill) para tocar a guitarra na xira.

Derradeira xira editar

En 1997 Catherine xirou polos Estados Unidos e Europa abrindo para bandas como Garbage ou The Lemonheads e tocando en varios festivais como Reading (RU), Bizarre (Colonia) ou Rocknacht (Leuven).

Separación editar

Despois da súa xira de 1997 a banda comezou a gravar un novo traballo no estudio que contruíra nun graneiro ás aforas de Watervliet, Míchigan. Mentres tanto, TVT Records non contestaba as chamadas do grupo. Optando por rematar o seu contrato, a banda non foi capaz de asinar con outro selo. Aínda que compuxeron e gravaron un total de 13 cancións, ningún dos temas das sesións chegaría a ser editado. As sesións orixinais de My Friend the Snake so puideron ser escoitadas por un feixe de amigos e seguidores da banda. Desanimados pola falta de progreso na busca dun novo contrato, Evers e Tatnall deixaron a banda, seguidos por Keith Brown. Mark Rew recrutou a un feixe músicos novos para seguir tocando, pero finalmente disolveu o grupo.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Sparkle/Charmed 1991 Limited Potential
Sleepy 1993 March Records
Sorry! 1994 TVT Records
Hot Saki and Bedtime Stories 1996 TVT Records

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Catherine Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-09.