O catastrofismo é unha hipótese formulada por Georges Cuvier que explica que os cambios xeolóxicos e biolóxicos producidos no planeta Terra debíanse non a cambios graduais, senón a cambios repentinos e violentos, as catástrofes que dan nome á teoría.

Erupción do Monte Saint Helens, WA, EEUU

Características editar

Cuvier tentaba poñer os cimentos científicos ás teorías fixistas e creacionistas ante as múltiples evidencias. Os fósiles de especies desaparecidas amoreábanse diante da porta dos fixistas e teorías como a da vis plastica, que os propuñan como caprichos da natureza, resultaban de xeito evidente ridículas.

Cuvier propuxo que os fósiles eran o resultado da extinción de animais creados por Deus nas catástrofes bíblicas ou produto de sucesivas creacións. Así, por exemplo, un animal que non entrase na arca de Noé, deixaría ese vestixio da súa existencia. Posteriormente aparecerían de novo outras especies totalmente diferentes ás extintas. A raíz desta teoría estableceuse a Teoría das creacións sucesivas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar