Catanduanes é unha illa provincia situada na rexión de Bicol de Luzon en Filipinas. É a 12ª illa máis grande de Filipinas. A súa capital é Virac, e a provincia atópase ao leste de Camarines Sur ao outro lado da Canle de Maqueda. Tiña unha poboación de 260.964 habitantes rexistrados no censo de 2015.

Catanduanes
Localización da illa
Situación
País Filipinas
Mar`Mar de filipinas
Coordenadas13°50′N 124°15′L / 13.833, -124.250Coordenadas: 13°50′N 124°15′L / 13.833, -124.250
Xeografía
Superficie1.492´16 km²
Perímetro400 km.
Punto máis alto803 m. Monte Cagmasoso
Demografía
CapitalVirac
Poboación260.964 (2015)

A provincia comprende a Illa de Catanduanes (tamén chamada Illa de Virac), a illa de Panay, a illa Lete, o grupo de illas Palumbanes (Porongpong, Tignob e Calabagio) e algúns outros pequenos illotes circundantes e rochas.

Catanduanes era unha sub-provincia de Ambos Camarines na década de 1900s e máis adiante de Albay. Gañou a autonomía provincial cando o congresista Francisco Perfecto promoveu o "House Bill Nº 301" que separou a provincia de Albay. Foi aprobado o 26 de setembro de 1945 e subsecuentemente asinado como lei por Sergio Osmeña o 24 de outubro de 1945. Remigio Socito, o último Tenente Gobernador, foi designado como o primeiro Gobernador Provincial. Cando se celebraron as eleccións en 1947, Alfonso V. Usero converteuse no primeiro gobernador elixido.

Etimoloxía editar

Illa de Cobos, foi o primeiro nome de Catanduanes, dado polos conquistadores españois durante a primeira parte de 1573 cando se atopou con varias tribos que vivían nas chozas de palla chamadas cobos.

Catanduanes, é un termo hispanizado derivado da palabra tandu, un escaravello nativo e da árbore samdong, que se atopan en abundancia en toda a illa e "katanduan" ou "kasamdongan", é un lugar onde a árbore do "tandu" ou do "samdong" crece en abundancia, e de aí procede "Catanduanes".[1]

Historia editar

Período pre-español editar

Datos (xefes, monarcacas filipinos) de Borneo establecéronse na illa de Panay. Os seus descendentes emigraron por todo o arquipélago e convertéronse nos primeiros colonos en Catanduanes. A illa non se librou da incursións dos Mouros que viñan da illa de Mindanao. Debido a estas incursións destrutivas, moitos rexistros do pasado foron destruídos e perdidos.

Período español editar

En 1573 Juan de Salcedo chegou a Catanduanes para capturar piratas, pero conquistou aos nativos. Tres anos máis tarde, unha expedición do galeón de Acapulco naufragou preto da illa e os sobreviventes foron asasinados ou feitos escravos. A igrexa de Batalay en Bato, a só varios quilómetros da capital de Virac, marca ese acontecemento histórico.

Evanxelización editar

A evanxelización da illa comezou vinte anos máis tarde cando os soldados españois, logo de subxugar Bicol, volveron con misioneiros franciscanos. Os misioneiros armados coa cruz e apoiados pola espada dos conquistadores evanxelizaron toda a poboación sen moita resistencia, logo de converter inicialmente ás tribos do sur.

Cristianización editar

De 1600 a 1857, os colonizadores estableceron nove centros de gobernos locais mediante o establecemento de parroquias: Caramoran (1601); Pandan (1650); Viga (1661); Panganiban (1663); Virac (1775); Bato (1830); e San Andres (1853). Durante a década de 1950, creouse Baras. Bagamanoc, un municipio próspero durante o período español reduciuse a un mero barrio de Viga e posteriormente de Panganiban, durante o réxime estadounidense. Oficialmente converteuse nun municipio en 1950 seguido por Gigmoto en 1951, e San Miguel en 1952. Foi durante este período que a illa viu o seu propio crecemento de desenvolvemento. Coa constuccións de estradas e centros comerciais.

Período americano editar

Durante o dominio americano, algúns lugareños negáronse a recoñecer a soberanía dos Estados Unidos, e a maioría deles fuxiron ás montañas. A ocupación americana non durou moito tempo. En 1934, os estadounidenses deixaron o control da illa.

Segunda guerra mundial editar

Durante a guerra do Pacífico, Catanduanes non se salvou da invasión xaponesa. O Imperio xaponés creou guarnicións en diferentes partes da illa e fortificouna fortemente.

Día da Independencia editar

Tres meses logo da independencia filipina dos Estados Unidos, Catanduanes foi finalmente recoñecida como unha provincia separada e independente de Albay a través da Lei da Commonwealth Nº 687 escrita polo entón Representante Francisco Perfecto. A independencia foi aprobada polo Congreso de Filipinas o 26 de setembro de 1945, a lei asinouse polo presidente Sergio Osmeña o 24 de outubro de 1945, e entrou en efecto o 26 de outubro de 1945.[2]

Catanduanes converteuse na sexta provincia da rexión de Bicol coa firma da lei. Remigio Socito, o último Tenente Gobernador de Catanduanes foi nomeado como o primeiro Gobernador Provincial. Cando se celebraron as eleccións en 1947, Alfonso V. Usero converteuse no primeiro gobernador electo.

O 26 de setembro de 1945, Catanduanes foi recoñecida como unha provincia separada e independente, baixo a Lei da República Nº 159, do 26 de xuño de 1947, a antiga municipalidade de Caramoan foi recreada fóra do Municipio de Pandan. Baixo R.A. Nº 491, de data 12 de xuño de 1950, tamén se creou o Municipio de Bagamanoc.

Xeografía editar

Catanduanes está situado na franxa máis oriental de Luzon. A illa limita ao oeste coa Canle de Maqueda, ao sur co Golfo de Lagonoy, e ao norte e ao leste co mar de Filipinas. A provincia tamén comprende varias illas pequenas. A súa superficie total de terra é aproximadamente de 1.492´16 km². As costas, que se estenden ata case 400 km, están dentadas con moitas baías.

A topografía da illa de Catanduanes é accidentada e montañosa, chegando a ser máis pronunciada cara á porción central da illa. Menos do 10 por cento da superficie da terra ten un gradiente de pendente inferior ao 8 por cento, na súa maior parte franxas longas e estreitas de chairas situadas ao longo das zonas costeiras onde están asentados a maioría dos habitantes. O pico máis alto está en Boctot, situado entre os municipios de Virac e San Miguel cunha elevación de 803 m. sobre o nivel do mar. É un cordal con grandes bosques primarios e a conca exerce unha grande influencia sobre os seus arredores inmediatos que inclúen os municipios de Virac, Bato, e San Miguel.

As terras baixas inclúen as chairas de Virac, de Viga, de San Andrés e a chaira de inundación do río Bato. Os municipios costeiros con pequenas áreas agrícolas nas terras baixas son Pandan e Caramoran. As terras baixas máis extensas atópanse nas partes meridionais da provincia. A chaira costeira máis grande esta contigua ás zonas húmidas de Viga, Panganiban e Bagamanoc, sobre o cal atópase a maior área de arrozais e [[mangleiros de nipa.

Dez dos once municipios da provincia están situados ao longo das franxas costeiras, sobre as cales localízanse as súas chairas maiormente fracturadas. O único municipio sen litoral é San Miguel co seu centro urbano, asentado nun lugar totalmente desprovisto de terras chas.

Clima editar

Sen unha pronunciada estación seca, a precipitación distribúese bastante ben ao longo do ano, chegando a ser máis húmido no último cuarto dos primeiros meses do primeiro trimestre, cando as perturbacións tropicais e os ventos do monzón especialmente o Monzón Nordés (Amihan) trae fortes choivas. Oresto dos meses caracterízanse por períodos curtos de días secos e bo tempo, agás en xullo e agosto, cando os ventos do monzón do noroeste e o vento seco intensifícanse.

A posición xeográfica de Catanduanes tena completamente exposta ao Mar de Filipinas. Polo tanto, é coñecida como "Terra dos Ventos Aullantes" porque é visitada frecuentemente polas tormentas tropicais.

Divisións administrativas editar

Catanduanes componse de 11 concellos, todos englobados no distrito lexislativo de Catanduanes (distrito lexislativo único).

Notas editar

  1. "Brief Historical Background". Catandungan; The Official Website of Catanduanes. Provincial Government of Catanduanes. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2016. 
  2. http://www.bicolperyodiko.com/index.php/catanduanes

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar