Castro do Sino
Coordenadas: 43°03′36″N 9°03′32″O / 43.059972222222, -9.0588055555556
O castro do Sino, tamén coñecido como castro de Lavandeira, Citania de Vilaseco ou da Igrexa Vella é un castro que se ergue a case 300 metros de altura sobre un monte preto do lugar de Lavandeira, no concello de Vimianzo.
Castro do Sino | |
---|---|
Parroquia | Castrelo |
Concello | Vimianzo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Estado actual | Malo |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Características editar
Este castro aproveitou a súa localización estratéxica, no alto dun outeiro e cun gran desnivel cara ao regato de Lavandeira que o envolve pola parte noroeste. Conserva as murallas de defensa da súa parte leste e sur, e tamén os cimentos de varias vivendas circulares.
En outubro de 2002 perigou a súa existencia cando o dono do terreo, por descoñecemento do que alí tiña, intentou explanar as murallas para plantar eucaliptos[1]. Pronto se paralizou a obra e non afectou demasiado á estrutura. Si á muralla exterior e a parte dun montículo interior. Logo da agresión, un técnico de patrimonio, Tomás Rodríguez, fixo unha inspección visual do lugar e axiña atopou fragmentos de tella e cerámica.
En Patrimonio está catalogado como Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella. Este último topónimo vén de que a igrexa de San Martiño de Castrelo estaba ó pé deste castro. No 1714 foi trasladada á súa localización actual en Castrelo. O campanario estaría situado nunha zona alta do castro, de aí o nome do Sino, do son da campá.
Dado o seu difícil acceso nunca foi moi coñecido, malia ser un dos máis importantes de Vimianzo e figurar xa desde antes de 1986 como único exemplo, xunto co castro das Barreiras, coñecido até daquela da cultura castrexa no concello[1].
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Patrimonio investiga la destrucción de una parte de un castro de Vimianzo". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 22/08/2016. Consultado o 2016-08-06.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010): Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo.
Ligazóns externas editar
- Castro do Sino na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.