Castro do Croado

poboado fortificado en Cereixo, Vimianzo

Coordenadas: 43°07′50″N 9°06′27″O / 43.130638888889, -9.1074444444444

O Castro do Croado ou Cruado é un castro galaico, situado na parroquia de Cereixo, no concello da Vimianzo.

Castro do Croado
ParroquiaCereixo
ConcelloVimianzo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15092022
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Extensión estimada0,8 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Descrición editar

O Croado domina a paisaxe da parroquia. A súa coroa (de aí o nome Croado ou Cruado, de Coroado) destaca reforzada pola vexetación que aflora sobre a fortificación do asentamento.

De planta ovalada, posúe unhas dimensións de 125 × 80 metros, ocupando unha superficie aproximada de 0,8 hectáreas. Conserva ben restos da súa muralla perimetral, acompañada de parapeto e foxo, que acolle socalcos dispostos de maneira concéntrica.

Aparece incluído no Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo e goza do grao de protección integral[1] e tamén foi un dos dez castros de Vimianzo identificados na obra O poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña, de Xerardo Agrafoxo[2]. Está incluído no PXOM de Camariñas.

Tradición oral editar

Hai unha antiga lenda no castro do Croado que os veciños aínda lembran hoxe en día. O dito di: “Cruado, Cruado, quen me dera o teu reinado”. Cóntase que no lugar ocorren sucesos de difícil explicación. Segundo a tradición popular nese monte os mouros gardaron un tesouro nun caldeiro e aquel que intentou atopalo sufriu estraños accidentes.

Notas editar

  1. "Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo" (PDF). Consultado o 2016-08-15. 
  2. "Cultura castrexa". Concello de Vimianzo. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-15. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar