Castro de Vizoño

poboado fortificado en Vizoño, Abegondo

Coordenadas: 43°09′31″N 8°19′23″O / 43.1584788, -8.322985

O castro de Vizoño é un castro situado no lugar do Castro, na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo[1].

Castro de Vizoño
ParroquiaVizoño
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001014
Cronoloxía
Estado actualRegular
Extensión estimada1.44 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado de planta circular de 120 por 120 metros, defendido por un parapeto reforzado por un foxo polos lados norte e noroeste. Ó leste sufriu algunhas alteracións por unhas obras de construción, que o destruíron parcialmente polo seu extremo suroriental. Polo lado norte o foxo ocupado por un camiño veciñal e polo oeste foi alterado pola construción dunha estrada. O castro é unha explotación gandeira.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas editar

  1. "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar