Castro de Santa Mariña

poboado fortificado en Ferrol

Coordenadas: 43°29′51″N 8°13′30″O / 43.497580555556, -8.2250277777778

O castro de Santa Mariña tamén chamado Casal dos Ovos ou Castros Altos de Serantes é un poboado castrexo situado no concello de Ferrol, xunto á igrexa de Santa Mariña, nun alto en forma de chaira dende o que se domina a ría de Ferrol e á vista dos montes de Serantes.

Castro de Santa Mariña
ParroquiaFerrol
ConcelloFerrol
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15036011
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualabandono
Véxase tamén
Castros de Galiza

Descrición editar

O recinto ten forma ovalada e cunhas medidas nos eixos 88 m de norte a sur e de 104 m de leste a oeste. Parte do peche do castro foi destruído polo camiño de aceso actual e por obras na zona. A croa está ocupada por leiras e pequenas construcións. Só se aprecia unha pequena elevación das defensas no perímetro aproveitado como peche das leiras.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar