Castro de Santa Cecilia

poboado fortificado en Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol

Coordenadas: 43°30′39″N 8°12′00″O / 43.51093, -8.20005

O Castro de Santa Cecilia ou Castro de Santa Icía é un poboado castrexo fortificado de chaira situado en Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol)[1][2].

Castro de Santa Cecilia
ParroquiaSanta Cecilia de Trasancos
ConcelloFerrol
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15036007
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualdestruído
Véxase tamén
Castros de Galiza

Descrición editar

 
Vista do castro de Santa Icía a mediados dos anos 1950.
 
Vista do que queda dun dos muros do castro empregado como linde entre leiras (entre a estrada e o rego).

O castro destruíuse hai tempo[cando?] para construír vivendas, só queda no terreo unha pequena elevación, un pequena parte do muro empregada como linde de leiras e na zona o topónimo Castro.

O castro tiña forma case circular duns 60 ou 70 metros de diámetro. Había dous tramos dun segundo muro ao NL que delimitaban o que puidera ser o antecastro ou protección da entrada. O castro tiña dúas entradas: unha posterior ao NO e outra ao NL. Os muros da croa e do antecastro eran de pedras e terra. Pola banda NL un rego do río Freixeiro contornea o castro. Nos traballos da terra apareceron pedras circulares.

Preto del está o castro da Croa de Leixa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar