Castro de Punta Roza

poboado fortificado en Dexo, Oleiros

Coordenadas: 43°24′08″N 8°19′04″O / 43.4022, -8.31789

O castro de Punta Roza é un castro situado na parroquia de Dexo, no concello coruñés de Oleiros.

Castro de Punta Roza
ParroquiaDexo
ConcelloOleiros
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15058001
Cronoloxía
Extensión estimada? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado situado nunha península apuntada, de forma triangular. As súas dimensións son duns 150 metros no eixo norte-sur e uns 100 metros no eixo este-oeste.

Ten un primeiro parapeto á altura do istmo da península. A continuación hai un recinto de planta case circular que está defendido polo sur por outros tres parapetos de altura considerable con dous foxos intercalados entre eles. No extremo sur hai unha estrutura amesetada que defende o acceso ao castro.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.