Castro de Mabegondo

poboado fortificado en Mabegondo, Abegondo

Coordenadas: 43°14′29″N 8°17′04″O / 43.2413102, -8.2843321

O castro de Mabegondo, ou castro ou de Santiso, é un castro situado na parroquia de Mabegondo, no lugar do Castro, no concello coruñés de Abegondo.

Castro de Mabegondo
ParroquiaMabegondo
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001016
Cronoloxía
Estado actualDeteriorado
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun dobre recinto fortificado. O interior ten planta oval, cunhas dimensións de 195 metros de diámetro no eixo NL-SO e 65 no eixo NO-SL. Está defendido por muros e terrapléns, máis amplos na parte SO. Un segundo recinto rodea completamente ó primeiro. Consiste nun parapeto construído a base de terra e con reforzos de cachote[1]

Conservación editar

O recinto central foi parcialmente destruído por obras recentes. O segundo está afectado por movementos de terras e a parte do parapeto polo leste foi destruída.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas editar

  1. "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar