Castro de Leiro

poboado fortificado en Loureiro (Leiro, Abegondo)

Coordenadas: 43°11′46″N 8°16′25″O / 43.196111, -8.2737456

O castro de Leiro é un castro situado no lugar de Loureiro na parroquia de Leiro, no concello coruñés de Abegondo.

Castro de Leiro
ParroquiaLeiro
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001010
Cronoloxía
Estado actualBo
Extensión estimada1.17 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun único recinto fortificado de forma ovalada. Está defendido por un parapeto de entre 3 e 4 metros de altura en entre 7 e 20 de anchura. No arco O-N-L o parapeto está reforzado cun foxo, que acada os 15 metros de ancho, e un segundo parapeto duns 3 metros de altura e 13 de anchura. Hai indicios de que na parte oeste houbo un segundo foxo[1]

O recinto ten 108 metros de diámetro no eixo NO-SE e 88 no eixo NE-SO[1].

O sector norte, a parte traseira, está desaparecida, co foxo cunha estrada por riba. No sector leste está tamén afectado. Inda así os resto dos sectores do castro consérvanse axeitadamente[1].

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar