Castro de Cerneda

poboado fortificado en Cerneda, Abegondo

Coordenadas: 43°12′37″N 8°16′59″O / 43.2103807, -8.2831474

O castro de Cerneda é un castro situado no lugar da Igrexa na parroquia de Cerneda, no concello coruñés de Abegondo.

Castro de Cerneda
ParroquiaCerneda
ConcelloAbegondo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15001011
Cronoloxía
Estado actualRelativamente bo
Extensión estimada2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

O castro está formado por unha croa e, posiblemente, un pequeno ante castro, en dirección noroeste. Está rodeado por dous xogos de murallas e foxos intercalados. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 170 por 95 metros.[1].

Os elementos externos están rebaixados polo traballo agrícola na zona e un dos foxos exteriores foi ocupado por unha pista asfaltada. Ademais, parte do castro emprázase na igrexa parroquial[1]. A zona é unha platación de eucaliptos.

Arqueoloxía editar

O terreo do castro foi adquirido polo concello e inspeccionado arqueoloxicamente en 2020. Unha prospección inicial do castro indicou que é de estrutura ampla e conservada. Os muros que se atoparon son anchos e as estruturas son de madeira con tella enriba, ben conservada. Así mesmo, atopáronse restos de utensilios en bo estado. Os utensilios son de cerámica, como é unha ánfora para o viño, sacos para gardalos, vasos de vidro e variñas de bronce. Os utensilios de cerámica que se atoparon concordan coa tipoloxía dos achados de costume nas rexións do norte de África e do Guadalquivir. Estímase que estivo poboado entre os séculos IV-III a.d. ata o III-IV d.c, xa no período do imperio romano.[2][3][4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar