Castro de Casón

poboado fortificado en Viveiro

Coordenadas: 43°38′07″N 7°33′18″O / 43.63541, -7.554974

O castro de Casón é un castro situado na parroquia de Viveiro, no concello lugués de Viveiro.

Castro de Casón
ParroquiaViveiro
ConcelloViveiro
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA27066007
Cronoloxía
Extensión estimada1,2 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

Consta dun recinto fortificado dobre situado nunha meseta. Ten un complexo sistema defensivo. O recinto principal ten forma semielíptica, cun antecastro pola súa banda suroeste. Está pechado por dúas murallas, unha recta e outra de planta quebrada, que forman unha estreita entrada.

Todo o conxunto deféndese cunha muralla de pedra seguida dun foxo que a rodea polos lados norte e noroeste. A continuación hai outro foxo menor que protexe a entrada do antecastro. Paralelo ó foso atópase un parapeto polos lados norte e noroeste.

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Catálogo. PXOM de Viveiro. Setembro do 2010.