Castro de Boado

poboado fortificado en Boado, Mesía

Coordenadas: 43°02′35″N 8°11′31″O / 43.043055555556, -8.1919444444444

O Castro de Boado é un poboado castrexo situado no lugar do Castro, na parroquia de Boado (Mesía).

Castro de Boado
ParroquiaBoado
ConcelloMesía
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15047001
Cronoloxía
Extensión estimada0,58 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Morfoloxía editar

O castro componse dun único recinto con bo dominio sobre do val do río Tambre. Na parte alta da pendende ten un parapeto, sendo o resto da parte de defensa o terraplén. A actual entrada é posiblemente a orixinaria. A entrada corta en parte o parapeto e desde esta apréciase a súa estrutura de base de terra asentados na base de bloque de cuarzo. O interior do recinto mide aproximadamente no eixo EW 70 metros e no eixo SE-NW 84 metros. O parapeto acada cara ao exterior unha altura de 5 metros[1].

Arqueoloxía editar

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.

Notas editar

  1. [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar