Castro da Torre

castro en Sobredo (Folgoso do Courel, Folgoso do Courel)

Coordenadas: 42°37′06″N 7°11′06″O / 42.618259, -7.184891

O castro de Sobredo[1][2], torre do Castro[1][3] ou castro da Torre,[4] é un castro lucense que está no lugar de Sobredo, en Folgoso do Courel. Atópase ao norte de Sobredo, camiño da Ferrería Vella.

Castro da Torre
ConcelloFolgoso do Courel
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Estado actualConservado
Véxase tamén
Castros de Galicia

É un Ben de Interese Cultural (BIC) catalogado.[5]

Morfoloxía editar

O castro está localizado na ladeira do monte da Golada orientado cara ao sueste, mirando cara ao val do río Lor. É un castro fortificado con 16 vivendas no seu interior, en socalcos. O castro está dentro dun foxo defensivo de 120 metros de longo, de 5 a 20 metros de ancho e cunha profundidade de ata 17 metros.[1][2]

Na súa cabeceira, en dirección ao noroeste, atópanse os restos dunha torre. Esta torre dálle nome ao castro.[1][2]

Arqueoloxía editar

O castro é da idade de ferro e consérvase en bo estado de conservación. As zonas máis alteradas son por esvaementos na pendente do monte onde se empraza.[1][2]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Xunta de Galicia (eds.). "PXOM do Concello de Folgoso do Courel (En avaliación desde 03/01/2013)". 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Concello de Folgoso do Courel, eds. (11/2/2015). "PXOM do Concello de Folgoso do Courel". Arquivado dende o orixinal o 13/08/2019. Consultado o 13/8/2019. 
  3. galiciamaxica.eu (eds.). "Castro da Torre o Torre do Castro". Consultado o 13/8/2019. 
  4. Turismo de Galicia - Xunta de Galicia (eds.). "Castro da Torre". Consultado o 13/8/2019. 
  5. La Voz de Galicia, ed. (01/09/2007). "La Xunta elevará la protección de veinte castros". Consultado o 13/8/2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar