Castiñeiro de Pumbariños

árbore senlleira de Galicia

Coordenadas: 42°18′27.3″N 7°14′37″O / 42.307583, -7.24361

Véxase tamén: Souto de Rozavales.

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro senlleiro da especie Castanea sativa Mill. Forma parte do Souto de Rozavales.[1]. No ano 2000 foi incluído no catálogo de árbores senlleiras. Está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Vista do Castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozavales.
Castiñeiro de Pumbariños.

Características editar

Está situado no lugar do Souto de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda.[2] Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro)[3] e podería ter arredor de 500 anos, polo que sería a árbore galega coñecida máis vella.[4] É un exemplar enxertado, como a maioría no Souto de Rozavales, polo que durante séculos foi aproveitado para a recollida das súas castañas.

Notas editar

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Souto de Rozabales". 
  2. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "O Catálogo galego de árbores senlleiras". Consultado o 20/01/2018. 
  3. La Voz de Galicia, eds. (25/08/2015). "Un castaño al que abrazar". 
  4. Juanjo Eireos (11/05/2017). El Correo Gallego, eds. "Árbores Senlleiras: as testemuñas vivas da historia de Galicia". Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 20/01/2018. Consultado o 20/01/2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar