Un castelo de area é unha escultura feita en area, normalmente un castelo mais tamén pode ser outra figura real ou mesmo abstracta. O lugar ideal para traballar e experimentar son as praias. Aínda que popularmente se construen por lecer, divertimento (especialmente os raparigos e raparigas); tamén está considerado como un xeito de arte, arte efémera. Algúns mesmo chegan a acadar case os 9 metros de altura. Hai numerosos concursos de construción de castelos. A modalidade máis espallada consiste en facer esculturas que non sexan necesariamente castelos onde se propón un tema e os diferentes artistas traballan na area para lle dar forma de acordo ao tema (como estatuas, rostros etc).

Castelo de area feito nunha competición
Un elaborado castelo de area.

Historia editar

Non existe data exacta para referenciar a invención das esculturas e formas de area (os exipcios utilizaban a area para faceren modelos a escala das pirámides que ían construír), mais a construción de castelos de area con fins artísticos comezou nos Estados Unidos a principios do século XX. Os concusos e exposicións tiveron tamén alá a súa orixe, e en 1990 espalláronse pola Europa. O Castelo de area máis alto foi construído no ano 2003 nos Estados Unidos e mide 8.91 metros.

Materiais editar

Os castelos de area están formados por auga e area. Para construirmos un castelo pequeno pode utilizarse area común, máis para construír un de maiores dimensións (de máis dun ou de dous metros de altura), normalmente para o presentar nun concurso ou exposicón, se necesita un tipo de area especial, que en vez de ter unha forma ovalada como a area común da praia, ten unha forma cúbica, o que axuda a que os grans teñan un maior agarre e poidan manterse coesionados para conseguir castelos de varios metros de altura. Dependendo da cualidade da area e da construción, un castelo de area pode durar varios anos, xa que son resistentes ao forte vento, á chuvia e á neve.

Técnica editar

A técnica básica é simples, mais debemos ter en conta que a area húmida e compacta admite un tratamento de rebaixe e un tratamento de adicion. Ambos son os que se utilizan na construción dos castelos de area.

  • O tratamento de rebaixe consiste en erosionar o material sobre o que se esculpe para conseguir a forma desexada.

Se queremos comezar por algo fácil podemos seguir os pasos que se indican:

  1. Compactación da area con auga, para conseguirmos un bloque de area consistente. Un exemplo pode ser utilizar un balde de praia dos raparigos para facermos un "flan" con area húmida despois pasamos ao seguinte paso.
  2. Traballo de escultura rebaixando a area, dándolle a forma que desexemos.
  • O tratamento de adicion non está moi estendido porque non todas as praias teñen area que o permita. Necesitase que a area sexa moi fina de gran, e de grande pureza. Consiste en deixar caer a area en capas, en puñados, en pingueiras de xeito que se vai amoreando e pegando capa a capa, pingueira a pingueira até conseguir montañas e formas.

Este xeito de traballo pode considerarse moi naïve máis resulta de grande beleza non pola dimensións das obras senón pola criatividade e o detalle do acabado.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar