Castelo de Vincennes

O castelo de Vincennes (francés: Château de Vincennes) é un castelo real francés dos séculos XIV e XVII, situado na vila de Vincennes, a menos de 10 km ao leste de París, actualmente un suburbio da súa área metropolitana.

Castelo de Vincennes
monumento histórico clasificado, monumento histórico clasificado, monumento histórico clasificado, monumento histórico clasificado, monumento histórico clasificado e Ben catalogado no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural
Coordenadas48°50′34″N 2°26′09″L / 48.842777777778, 2.4358333333333Coordenadas: 48°50′34″N 2°26′09″L / 48.842777777778, 2.4358333333333
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Construído entre 1340 e 1410, era o castelo máis grande da Idade Media en Europa.

No recinto interior construíuse —a imaxe da Sainte-Chapelle parisiense— a Sainte-Chapelle vicennienne, unha capela medieval fundada en 1379 a petición do rei Carlos V co fin de albergar as reliquias da Paixón de Cristo.

Finalizouse definitivamente en 1552.

Historia editar

Como outros castelos famosos tivo as súas orixes nun refuxio de caza, levantado por Lois VII no bosque de Vincennes ao redor do ano 1150.

No século XIII, Filipe Augusto e Lois IX levantaron unha casa máis sólida: segundo parece Lois IX partiría cara á Oitava Cruzada desde Vincennes, da cal nunca regresou.

Vincennes foi máis ca unha lúgubre fortaleza: Filipe III (en 1274) e Filipe IV (en 1284) casaron alí, e tres reis do século XIV naceron en Vincennes: Lois X (1316), Filipe V (1322) e Carlos IV (1328). Por outra parte, a raíña Xoana I de Navarra faleceu neste lugar o 4 de abril de 1305.[1]

Tamén foi o lugar elixido polo cardeal Mazarino para a súa residencia, e onde faleceu en 1661.[2]

Notas editar

  1. Herreros 1993.
  2. Bailly, Auguste (1969): Mazarino. Madrid: Espasa-Calpe. Colección Austral, nº 1444.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa", en Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
  • McCormick, Frank (1987): "John Vanbrugh's Architecture: Some Sources of His Style", en The Journal of the Society of Architectural Historians 46 (2): 135-144.
  • Mesqui, Jean (1997): Chateaux-forts et fortifications en France. Paris: Flammarion. ISBN 2-0801-2271-1.

Ligazóns externas editar