Castelo de Fontainebleau

O Royal Château de Fontainebleau é un dos maiores Châteaux Reais franceses. Está localizado na cidade de Fontainebleau, departamento de Seine-et-Marne, no norte de Francia.

Palacio e parque de Fontainebleau
Castelo de Fontainebleau, Francia: vista da fachada, desde os xardins.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País Francia
LocalizaciónCoordenadas: 48°24′08″N 2°42′02″L / 48.402222222222, 2.7005555555556
TipoCultural
CriteriosII, VI
Inscrición1981 (5º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador160

O palacio reflicte, actualmente, o traballo de varios monarcas franceses, construído a partir dunha estrutura inicial de Francisco I. O edificio esténdese arredor dunha serie de patios.

A cidade de Fontainebleau creceu ao redor do que restaba do Bosque de Fontainebleau, un antigo parque de caza real.

Este pazo introduciu en Francia o Maneirismo italiano, tanto na decoración de interiores como nos xardíns, e transformouno ao facer a tralación a Francia. O Maneirismo francés na decoración de interiores do século XVI coñécese como "Estilo Fontainebleau": este combina escultura, traballos en metal, pintura, estuco e traballos en madeira. Exteriormente introduciu o parterre de xardín. O Estilo Fontainebleau combinou pinturas alegóricas en traballos de rebocador moldeados, onde o encadramento era tratado como se fose coiro ou papel, cortado enrolado en pergamiños con arabescos e grotescos.

Os ideais da beleza feminina en Fontainbleau son Maneiristas: unha pequena e graciosa cabeza nun pescozo longo, exaxeradamente longos torso e brazos, peitos pequenos e altos — case un regreso ás belezas do gótico tardío. Os novos traballos en Fontainebleau foron feitos en refinados e detallados gravados que circularon entre coñecedores e artistas.

A través dos gravados feitos pola "Escola de Fontainebleau", este novo estilo foi transmitido a outros centros do norte de Europa, especialmente Anveres, Alemaña e, máis tarde, tamén Londres.

Historia editar

 
Interior
 
Vestiario da Raíña María Antonieta
 

O vello castelo que se erguía neste lugar xa se usaba ao final do século XII polo Rei Lois VII, para quen Thomas Becket consagrou a capela. Fontainebleau foi unha das residencias favoritas de Filipe II e de Lois IX. O creador do actual edificio foi Francisco I, para quen o arquitecto Gilles le Breton erixiu a maior parte das construcións do Cour Ovale (Cortiña Oval), incluíndo a Porte Dorée, a súa entrada Sur. Este rei tamén convidou para Francia, Sebastiano Serlio e Leonardo da Vinci. A Galería de Francisco I, cos seus afrescos feitos en estuque por Rosso Fiorentino, foi construída entre 1522 e 1540, sendo a primeira gran galería decorada en ser construída en Francia. dun modo xeral, Fontainebleau introduciu o Renacemento en Francia. A Salle des Fêtes, no reinado de Henrique II, decorouse polos pintores Maneiristas italianos, Francesco Primaticcio e Niccollo dell Abbate. A "Ninfa de Fontainebleau", de Benvenuto Cellini, encomendada para o palacio, está no Louvre.

Foi levada a cabo outra campaña de extensas construcións por Henrique II e Catarina de Médici, que contrataron os arquitectos Philibert Delorme e Jean Bullant.

Ao Fontainebleau de Francisco I e Henrique II, Henrique IV engadiulle o patio que leva o seu nome, e aínda o Cour des Princes, coa adxacente Galerie de Diane de Poitiers e a Galeríe des Cerfs, usada como biblioteca. Nestes proxectos adicionais desenvolveuse unha "segunda escola de decoradores de Fontainebleau", menos ambiciosa e orixinal que a primeira. Henrique IV perforou o bosque cun canal de 1200 m. (onde se pode pescar actualmente) e ordenou a plantación de piñeiros, olmos e árbores de froita. O seu xardineiro, Claude Mollet, adestrado no Château d'Anet, executou parterres. Tres séculos despois o palacio entrou en decadencia; durante a Revolución Francesa moito do mobiliario orixinal foi vendido, no decurso das vendas revolucionarias do contido de todos os palacios Reais, concibidas como unha forma de conseguir diñeiro para a nación e asegurar que os Borbóns non poderían volver aos seus confortos. Porén, unha década despois, o Emperador Napoleón Bonaparte, comezou a transformar o Château de Fontainebleau nun símbolo da súa grandeza, como unha alternativa ao baleiro Palacio de Versailles, coas súas connotacións Borbónicas. En Fontainebleau, Napoleón asinou a súa abdicación, co Tratado de Fontainebleau, despediuse da súa Vella Garda e foi para o exilio, en 1814. Con modificacións á estrutura do palacio, incluíndo a entrada de cantaría suficientemente larga para a súa carruaxe, Napoleón axudou a facer do palacio o lugar que os visitantes coñecen actualmente. Fontainebleau foi o escenario da Corte do Segundo Imperio, do seu sobriño Napoleón III.

Filipe IV, Henrique III e Lois XIII naceron neste palacio, e o primeiro destes reis tamén morreu aquí. Cristina da Suecia viviu en Fontainebleau durante varios anos, despois da súa abdicación en 1654. O 1685 Fontainebleau asistiu á sinatura do Edicto de fontainebleau, quen revogou o Edicto de Nantes (1598). Os hóspedes reais dos Reis Borbón instaláronse en Fontainebleau: Pedro I de Rusia e Cristián VII de Dinamarca, e tamén, na época de Napoleón, o Papa Pio VII — en 1804 cando veu consagrar Napoleón como Emperador, e entre 1812 e 1814, cando foi o seu prisioneiro.

Actualmente, parte do palacio alberga as "Écoles d'Art Américaines", unha escola de arte, arquitectura e música para estudantes dos E.U.A.. Preservado nos campos está o jeu de paume (pista de tennis real) de Henrique IV. É a maior pista de tenis deste xénero no mundo, e unha das poucas de propiedade pública.[1]

O 1981, o Château de Fontainebleau foi cualificado como Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Cercle du jeu de paume de Fontainebleau. "Histoire de la salle de jeu de paume de fontainebleau". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 19 de marzo de 2007. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar