Castelo de Cheverny

castelo en Cheverny, Francia

O castelo de Cheverny (en francés: Château de Cheverny) é un palacete rural, de estilo renacentista con museo, un parque con orangerie e xardíns de estilo francés, inglés e contemporáneo, que conta cun pavillón e un arboreto de 100 hectáreas de extensión de propiedade privada, localizado na comuna de Cheverny (Francia).

Castelo de Cheverny
monumento histórico inscrito, monumento histórico clasificado, monumento histórico inscrito e monumento histórico clasificado

Editar o valor em Wikidata
Coordenadas47°30′01″N 1°27′29″L / 47.500277777778, 1.4580555555556Coordenadas: 47°30′01″N 1°27′29″L / 47.500277777778, 1.4580555555556
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

O edificio está situado no interior do Val do Loira e está inscrito como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1]

Localización editar

O château de Cheverny está situado no territorio da comuna de Cheverny, na rexión de Centro-Val do Loira, ao sur da cidade de Blois e a poucos quilómetros de distancia do tamén célebre château de Beauregard.

O código postal do château de Cheverny é o 41700.

Historia editar

O castelo de Cheverny é actualmente un dos castelos máis famosos dos Países do Loira e pertence aos descendentes da familia Hurault, coñecida en Blois dende o século XIII.

Esta familia de financeiros e oficiais ilustrouse ao servizo de cinco reis de Francia, dende Jacques (xeneral de Finanzas de Lois XII) até Philippe (chanceler de Enrique III e despois de Enrique IV) e o seu fillo Henri e a condesa Marquerite, que mandan construír cara a 1620 un novo palacio inspirado na obra dos mellores artistas da época.

O arquitecto Boyer de Blois e o pintor decorador de Cheverny, Jean Monier, traballaron para a raíña María de Médicis no Palacio de Blois e no Palacio de Luxemburgo en París.

Á vangarda da súa época, con Cheverny inventouse a arquitectura á francesa na primeira metade do século XVII.

O castelo de Moulinsart editar

Artigo principal: Moulinsart

 
Castelo de Moulinsart.

Nas historietas As aventuras de Tintín do autor belga Hergé, o autor inspirouse no castelo de Cheverny para crear o castelo de Moulinsart[2] (traducido como Mansión Pasador), e é a residencia oficial do capitán Archibald Haddock, a cal aparece por primeira vez na banda deseñada O segredo do Alicorno.

Notas editar

  1. UNESCO Centre du patrimoine mondial (2000). Nations unies, ed. Val de Loire entre Sully-sur-Loire et Chalonnes. p. whc.unesco.org. ; Mission Val de Loire (2006). Régions Centre et Pays de Loire, ed. Val de Loire - Périmètre du site inscrit au patrimoine mondial de l'UNESCO. p. www.valdeloire.org. 
  2. Castelo de Moulinsart. E.tintin.tk.free.fr.

Véxase tamén editar